Área protegida
Floresta de Catasós
Catasós · Lalín · Pontevedra · 2000
Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Área protegida em Catasós (Lalín, Pontevedra), a 590 m de altitude, a 2,5 km do Camiño Xabrés.
A fraga de Catasós, a carballeira ou souto de Quiroga, é unha fraga (ou souto mixto) declarada árbore senlleira e monumento natural no ano 2000 e que se sitúa no lugar de Quintela, Catasós, no concello pontevedrés de Lalín. Tamén se coñece co nome de "carballeira" xa que a maior parte dos exemplares dominantes son carballos. Como tamén salienta polos seus senlleiros castiñeiros tamén se lle emprega "souto". Algunhas destas árbores teñen varios centos de anos, até 5 metros de circunferencia e máis de 30 metros de altura (os máis altos de Europa).
Descrición
É un reduto de fraga (bosque caducifolio mixto atlántico) que ocupa unha superficie total 4.5185 hectáreas. Aséntase sobre micacitas metamórficas prehercinianas básicas, que dan lugar a solos pardos acedos, de alta produtividade forestal. A área pertence á rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, e adscríbese ao sector galaico-portugués. Encóntrase nunha zona de transición entre o dominio climático oceánico de montaña e oceánico húmido con tendencia á aridez estival, cunha precipitación media anual de 1.290 mm, unha temperatura media de 12,7 °C e unha media de 293 días libres de xeadas. Sitúase a unha altitude aproximada de 550 m sobre o nivel do mar.
Especies de importancia
Destacan no espazo a presenza de: o carballo común, Quercus robur. o castiñeiro, Castanea sativa, algún senlleiros e dos maiores do continente. Foron aproveitados coma soutos para produción de castañas e madeira (fabricación de moblaxe, trabes e leña). a Narcissus cyclamineus, un amarelle, herbácea endémica de Galicia e norte de Portugal, recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia. e a vacaloura (Lucanus cervus), recollida no anexo II da Directiva Hábitats, considérase vulnerable en Galicia.
Situación
A fraga atópase a uns 4 km da vila de Lalín, preto da estrada N-525 entre Santiago de Compostela e Ourense. Posúe unha curta e sinxela ruta para practicar sendeirismo, un paseo fluvial a través da fraga moi ben sinalizada.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Bosque · Espazo natural protexido
Extensão 5 m²
Altitude do ponto ≈ 590 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Lalín, a 3,1 km
Caminho de Santiago Camiño Xabrés, a 2,5 km
Habitantes do concelho 20.255 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- Gate (Quintela)a 249 mIES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · IES Ramón Mª Aller Ulloa-Castro Dozón (enlace) · CEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Gate (Covas)a 671 mCEIP Xesús Golmar-Catasós · CEIP Xesús Golmar-Gate (Quintela)
- Catasós (N-525)a 672 mSantiago-Lalín-Ourense · Hospital de Conxo-CHUS- Santiago E.I.-Lalín-Ourense E.I. · A Coruña-AP9-H.Conxo-CHUS-Santiago-Lalín-Ourense-Verín
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
Pazo de DonfreánPaço
Museo Etnográfico Casa do PatrónMuseu
Estación de San Xoán de VilanovaEstação ferroviáriaEstación de LalínEstação ferroviária
Feira do cocido de LalínFesta gastronómicaIgrexa de San Martiño de LalínIgreja
Igrexa de Santa María das Dores de LalínIgrejaIgrexa de Santa María de AlbarellosIgreja