Fábrica

Grupo Sargadelos

Sargadelos · Cervo · Lugo · 1792

Grupo Sargadelos, fábrica en Cervo

Este artigo refírese ao grupo empresarial Sargadelos. Para outros significados, vexa Sargadelos O Grupo Sargadelos é unha sociedade limitada que ten como principal accionista a empresa Cerámicas do Castro S.L. desde 1949. Até 2026, a sociedade Sargadelos, tiña dúas plantas de produción cuns 245 empregados. Unha está situada no Castro de Samoedo, Osedo, no concello de Sada, e outra en Sargadelos, no concello mariñao de Cervo. Nese ano, adquiriu a empresa Burelarte, no concello de Cervo, coas súas factorías, terreos e materiais. Elabora a cerámica de Sargadelos, unha famosa cerámica galega elaborada en Sargadelos, tamén no municipio de Cervo. A primeira fábrica foi creada a principios do século XIX por Antonio Raimundo Ibáñez e que tras varias xeracións acabou pechando en 1875. A partir de mediados do século XX Sargadelos formou parte dun grupo de empresas do sector, o grupo Sargadelos —ao que pertence igualmente a cerámica do Castro-Sada— grazas ao impulso do ceramista Isaac Díaz Pardo, baseada en coloracións en tons azuis. Xunto á súa actividade industrial e comercial, Sargadelos levou adiante un importante labor de difusión e promoción da cultura de Galicia, principalmente, dos talentos máis novos da arte e da literatura. O museo de Pontevedra conta cunha sala cunha gran colección desta cerámica.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

Vila mais próxima Cervo, a 613 m

Habitantes do concelho 4.130 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar