Monumento
Hospital dos Reis Católicos
Santiago de Compostela · A Coruña · 1511

O Hospital Real de Santiago, tamén coñecido como Grande Hospital Real de Santiago e, nos últimos tempos, como Hospital Xeral de Santiago, ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os Reis Católicos a Santiago de Compostela en 1492, na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno hospital. Os peregrinos, ao presentaren a compostela dilixenciada, coa credencial debidamente cuberta adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo hospital refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos peregrinos ou seren asilos para os pobres. A palabra hospital deriva da latina hospes, que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de hospes pasou a hospitalia, para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de hospitalia derivou hospital. Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un Real Padroádego en 1499, que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do Reino de Granada. == Contexto == === Atención aos necesitados na Antigüidade e na Idade Media === Na Idade Antiga e na Idade Media non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben arredor de fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente cristián coma no mundo musulmán. Na idade de ouro da civilización islámica medieval apareceron os Bimaristan, que están considerados como os primeiros hospitais, no sentido moderno do termo. Eran establecementos onde o mal se acollía con beneplácito; os acollidos neles estaban a cargo de persoal cualificado. Polo tanto, os médicos musulmáns medievais foron os primeiros en faceren unha distinción entre un hospital e os diferentes tipos de institucións como os templos de curación, os templos do sono, os hospicios, os asilos ou os lazaretos para leprosos (leprosarías) que, na antigüidade, servía máis ben para illar os enfermos e os tolos da sociedade, "en lugar de ofrecerlles esperanza dunha curación real". Os Bimaristans medievais, polo tanto, considéranse como os primeiros hospitais no sentido moderno da palabra. Os primeiros hospitais públicos, os primeiros hospitais psiquiátricos, as escolas de medicina e as universidades tamén foron introducidas polos médicos musulmáns medievais. Na Idade Media, a partir do século XI, os edificios hospitalarios deben a súa creación fundamentalmente ás ordes relixiosas, xa que se basean na caridade cristiá e son administrados por membros do clero. A idea da asistencia baséase nas instrucións de Cristo: fogar dos humildes, socorro dos aflixidos... e, máis tarde, o ideal da pobreza, ademais da caridade. O doente e o desamparado é un penitente, e a asistencia ao seu sufrimento, acompañada pola compaixón, é unha oportunidade de redención, en palabras de Santo Agostiño. Así, desde o século XI, a caridade hospitalaria convértese nunha das formas de espiritualidade, secular e clerical. Aconsellada a existencia destes edificios por San Xerome, nun principio tiñan como obxectivo fundamental hospedar os necesitados (de aí o seu nome); os hospitais pertencían ao patrimonio eclesiástico, colocáronse baixo a autoridade do bispo e os seus recursos financeiros procedían só da caridade individual.…
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Rúa Novaa 428 mA Graña-Rúa Nova (noitebus) · A Graña-Rúa Nova (noitebus)
- Avda. de Xoán XXIIIa 693 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · BAIO-SANTIAGO E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · CAMARIÑAS-SANTIAGO E.I. · Carballo E.A.-Santiago (por San Caetano) · VIMIANZO-SANTIAGO E.I.
- Avda. de Xoán XXIIIa 695 mCarballo E.A.-Santiago E.I. · Baio-Santiago E.I. · Gonselle-Rúa da Rosa · O Foxo-Santiago E.I. · Camariñas-Santiago E.I. · Vimianzo-Santiago E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Ao lado deste lugar
- Catedral de Santiago de CompostelaCatedral
- Colegiada de Santa Maria de SarCatedral
- Paço de São Lourenço de TrasoutoMosteiro
- Convento de São Paio de AntealtaresMosteiro
- Mosteiro de São Martinho PinárioMosteiro
- Convento de São Francisco do Val de DeusMosteiro
- Pazo do EspiñoPazo
- Pazo dos Condes de XimondePazo