Igreja

Igrexa de San Salvador de Manín

Lobios · Ourense

Igrexa de San Salvador de Manín

A igrexa de San Salvador de Manín é o templo parroquial de Manín, Lobios. Foi construída orixinalmente na aldea de Manín, de arquitectura Barroca, baixo a advocación de Santa Eufemia. == Descrición == No ano 1764 foi trasladada a Aceredo, ficando en Manín a parte da sancristía que se converteu na capela da aldea en honra a Santa Eufemia. En Aceredo é ampliada con naves laterais e sancristía para formar unha cruz. Pola Semana Santa, en Aceredo, facíase un viacrucis ao redor da igrexa, no terreo onde estaba o adro. En Aceredo, aínda sendo a igrexa parroquial e de advocación a San Salvador, celebrábase o Santiago e a Santa Ana, santos locais. En 1992 foi desmontada pedra a pedra para salvala do encoro de Lindoso e trasladada á súa nova localización na Travesa, entre Ludeiros e Compostela, moi preto da casa da Escusalla. Nesta nova localización venérase a San Salvador e é coñecida coma a igrexa de San Salvador de Manín. É coñecida polos veciños coma a igrexa viaxeira ou transhumante. Nunha cota máis baixa atópase o cemiterio de San Salvador de Manín. === Retablo === Conta cun importante retablo e altares barrocos. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === "Igrexa de San Salvador de Manín". Turismo.gal. Consultado o 19-01-2021.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar