Igreja
Igrexa de San Xurxo de Sacos
Cerdedo Cotobade · Pontevedra

A igrexa de San Xurxo de Sacos é a igrexa parroquial de San Xurxo de Sacos, parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. == Historia e características == Ten planta de cruz latina. Os teitos son de madeira a dúas augas. Ten arcos torais e o triunfal de medio punto sobre pilastras. A cada lado do presbiterio hai unha sancristía con portas de aceso acodadas con tribunas baixo arco semicircular sobre elas. Están máis baixas e contan con teitos a tres augas. Nunha delas hai dúas inscricións: 1823 e 1689. A nave ten tres tramos con arcos faixóns semicirculares sobre pilastras, coro ós pés, de pedra e sobre grande arco de medio punto. A porta de entrada é de arco adintelado e acodada. Sobre ela hai unha fiestra de igual derectriz. A fachada está enmarcada por pilastras que rematan en pináculo. Remata con volutas estilizadas e no centro ten un campanario con decoración de placas formado por dous corpos con pilastras caixeadas que encadran os vans. Cruceiro destacado só en planta, porta lateral e fiestras acodadas.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- SAN XURXOa 249 mLugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Ourense E.I.-Pontevedra E.A. · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Monterroso-Pontevedra · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo
- SAN XURXOa 255 mLugo-Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Ourense E.I.-Pontevedra E.A. · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo · Lugo-Lalín-Silleda-Pontevedra-Vigo (rúa Areal) · Lalín-Vilatuxe-Pontevedra-Vigo · Monterroso-Pontevedra
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.