Igreja

Igrexa de Santa Baia de Lañas

Lañas · A Baña · A Coruña

Igrexa de Santa Baia de Lañas, igreja en A Baña

Foto: Xosé Antonio · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Construção religiosa em Lañas, A Baña, a 337 m de altitude, a 5,2 km de Negreira.

A igrexa de Santa Baia de Lañas é un templo católico na parroquia de Lañas, no concello da Baña.

Descrición

Construída na segunda metade do século XII no estilo románico, foi remodelada e ampliada no século XVIII en estilo barroco, cando se lle engadiu unha capela e a sancristía polo lado norte e se reformou a fachada oeste. A igrexa ten nave de planta rectangular de 11,4 m de longo por 5,5 de largo con cuberta a dúas augas. Ten dous corpos acaroados na cabeceira e no costado dereito e con presbiterio destacado. Os muros son de cadeirado granítico e a cuberta é a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado en fiadas ben axustadas, ten unha porta alintelada con molduras, fornela e ventá abucinada cara ao exterior. Ten unha espadana grande de dobre corpo de ocos con arcos de medio punto, rematada en edículo con oco, pináculo e cruz de forxa, tres machóns, dous acróteros balaustrados laterais, un corpo mixtilíneo central e un elevado remate balaustrado, de esvelto canon. Na parte románica do templo hai canzorros nos beirados do tellado por todas as caras do templo con figuras de zoomorfos e vexetais, e tamén unha porta cegada que tiña arco de medio punto con molduras. A sancristía está arrimada ao muro norte da capela maior. No interior ten un único retablo e varias imaxes.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Igreja

Dedicado a Baia de Mérida

Altitude do ponto ≈ 337 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Negreira, a 5,2 km

Habitantes do concelho 3.239 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar