Igreja

Igrexa de Santa María de Abadín

Abadín · Lugo

Igrexa de Santa María de Abadín, igreja en Abadín

Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Construção religiosa em Abadín, a 499 m de altitude, a 214 m do Camiño do Norte.

A igrexa de Santa María de Abadín é a antiga igrexa parroquial de Abadín, no concello do mesmo nome. Atópase no lugar da Torre, situada nun alto dominando unha extensa zona de labradío, co fondo da paisaxe montañosa. Trátase dunha construción románica datada na primeira metade do século XII, aínda que a súa capela é do século XVI, refeita en estilo gótico isabelino e a sancristía acaroada de época posterior.

Descrición

Ten unha planta sinxela pero é de destacar a súa fachada. A nave conforma unha planta rectangular, cos muros de cadeirado de granito e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A fachada con arco de medio punto con grandes doveas decórase cun rosetón céntrico con trazarías elaborado nun só bloque de pedra, e espadana dun só corpo e dous vans. Nos laterais da fachada dous escudos da casa de Luaces, coas estrelas e a media lúa que os identifica, xa que no ano 1562 o cabido de Mondoñedo vendeulles o couto de Abadín. Os Luaces mantiveron os seus dereitos señoriais sobre o couto ata ben entrado o século XIX. No interior destaca a capela maior con arco triunfal de medio punto sobre columnas cuxos capiteis teñen os escudos dos Luaces, igual que a clave da bóveda nervada; dúas laudas sepulcrais no pavimento pétreo; retablo maior de estilo renacentista popular e retablos laterais de traza popular e máis moderna. No seu adro un cruceiro, elaborado en granito. Decórase cunha cruz florenzada coas figuras de Cristo no anverso e a Piedade no reverso; o capitel decórase con anxos nos lados e volutas nas esquinas, fuste poligonal coa custodia e os atributos da Paixón; con base tronco-piramidal sobre dous chanzos cuadrangulares e sen inscrición.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Igreja

Dedicado a Santa María

Altitude do ponto ≈ 499 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Mondoñedo, a 12,7 km

Caminho de Santiago Camiño do Norte, a 214 m

Habitantes do concelho 2.238 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar