Igreja

Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro

Viveiro · Lugo

Igrexa de Santa María do Campo de Viveiro

A igrexa de Santa María do Campo é un templo relixioso situado en Viveiro, na provincia de Lugo. Está situada na parte máis alta do centro histórico, xunto ao Convento das Concepcionistas. == Historia == É a igrexa máis antiga da vila. É de estilo románico, seguramente construída no século XII, se ben non se coñece con exactitude a data de construción. Segundo o Libro de actas do Concello, esta basílica remóntase a unha época antiquísima na súa construción e tan difícil de descubrir que se perde na historia dos séculos. == Arquitectura == A fachada principal consta de 4 arquivoltas semicirculares, apoiadas as interiores sobre tres columnas. Catro pasos ofrecen o acceso ao templo. Sobre a portada hai un tornachoivas, e sobre el un rosetón. A fachada termina en punta de dúas vertentes e está coroada por unha cruz. Ten aos lados dúas torres cuadrangulares, rematadas en forma de campá. Na da esquerda está situado un reloxo e na da dereita o campanario con tres campás. A planta é de forma basilical, con tres naves separadas por columnas: a central de seis metros de ancho e as laterais de tres. O templo posúe magníficos ornamentos e ourivaría, destacando a gran cruz procesional, que data do século XVI == Notas ==

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar