Ilha

Ilha de Onza

Bueu · Pontevedra

Ilha de Onza

A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza. É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben ten dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non ten ningunha construción agás un barracón construído polos militares. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illas Ons Illa de Ons Parque nacional das Illas Atlánticas === Ligazóns externas === As illas Ons na páxina da Rede de Parques Nacionais do Ministerio de Medio Ambiente.[Ligazón morta] (en castelán)

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar