Ilha
Illa de Santa Comba
Covas · Ferrol · 16 m
Foto: PepedoCouto · GFDL · Wikimedia Commons ↗
Ilha em Covas, Ferrol, a 16 m de altitude, a 9,1 km de Ferrol.
A Illa de Santa Comba tamén coñecida como "Illa do Medio" é unha illa galega, situada na parroquia de Covas, na costa norte do concello de Ferrol. É unha illa alargada, de 5 hectáreas de superficie e completamente chaira. En realidade é unha antiga península que a erosión mariña, producida pola forza das ondas, separou da terra firme. Cando baixa a marea únese a terra por un estreito tómbolo de area, e cando esta sobe a illa queda dividida en tres porcións por angostas e profundas canles. Existe unha ermida consagrada a Santa Comba, cuxas orixes remóntanse ao século XII, é propiedade da Igrexa, e ao seu redor levouse a cabo unha importante escavación arqueolóxica onde se descubriu un antigo asentamento castrexo con forno de fundición de metal e unha necrópole altomedieval.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Illa
Extensão 5 m²
Altitude 16 m
Vila mais próxima Ferrol, a 9,1 km
Habitantes do concelho 64.903 (2025) · IGE
