Ilha
Illa Morraceira do Grilo
San Miguel de Tabagón · O Rosal · Pontevedra
Ainda não há foto de Illa Morraceira do Grilo
Se tiveres uma, carregue-a para a Wikimedia Commons ↗ com as coordenadas indicadas e chegará sozinha a este mapa e a qualquer outro que use dados abertos. Ou envie-nos.
{{Location|41.90944|-8.82472}}
Ilha em San Miguel de Tabagón (O Rosal, Pontevedra), a 624 m do Camiño Portugués da Costa.
A Illa Morraceira do Grilo, tamén coñecida como Illa do Grilo ou Illa de Vimbres, é unha pequena illa fluvial situada no esteiro do río Miño, no concello do Rosal, na provincia de Pontevedra. Forma parte do conxunto de morraceiras do Baixo Miño, acumulacións de sedimentos fluviais características da desembocadura deste río.
Xeografía
A illa localízase no treito internacional do río Miño, entre Galicia e Portugal, preto da desembocadura do río Tamuxe. A Morraceira do Grilo é unha illa de orixe aluvial formada pola acumulación progresiva de areas, limos e outros sedimentos transportados polo Miño. Na zona do Baixo Miño, o termo morraceira emprégase para designar as illas e bancos sedimentarios que se desenvolven no esteiro do río.
Historia
Historicamente, a titularidade da illa foi obxecto de controversias relacionadas coa delimitación da fronteira hispano-portuguesa no río Miño. A finais do século XIX, os traballos de demarcación estabeleceron definitivamente que a Morraceira do Grilo pertencía integramente a España. Nalgúns documentos e mapas antigos aparece denominada Illa de Vimbres, aínda que a denominación tradicional máis difundida é Morraceira do Grilo.
Medio natural
A illa forma parte do ecosistema de estuarios do Baixo Miño, incluído na Rede Natura 2000. Os seus hábitats están asociados ás zonas húmidas, canaveiras, bancos areosos e vexetación halófila características do tramo final do río. Xunto coa Illa Canosa e a Illa Morraceira das Varandas, constitúe unha das principais illas sedimentarias do esteiro do Miño.
Protección
A súa superficie está incluída entre as zonas con réxime especial de protección ambiental do Baixo Miño. Ademais, figura entre os espazos nos que a normativa galega estabelece restricións específicas para determinadas actividades cinexéticas.
Outros artigos
Illa Canosa
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Illa
Altitude do ponto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima A Guarda, a 4,2 km
Caminho de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 624 m
Habitantes do concelho 6.573 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- San Miguel (Tamuxe)a 665 mA Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Eiras-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Camposancos-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I.
- San Miguel (Tamuxe II)a 668 mFornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
- San Miguel (Tamuxe)a 674 mA Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Hospital Álvaro Cunqueiro · A Guarda-Tabagón-Goian-Tomiño-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Camposancos-Tabagón-Goian-Torrón-Tui-Porriño-Vigo E.I. · A Guarda-Pancenteo-Rosal-Pías-Tabagón-Taborda-Tui-Porriño-Vigo E.I. · Fornelos-Rosal-Tomiño-Couso-Gondomar-Vigo E.I.
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.