Menir

Lapa de Gargantáns

Moraña · Pontevedra

Lapa de Gargantáns

A Lapa de Gargantáns é un menhir datado no neolítico, situada na parroquia de Gargantáns, no concello de Moraña (Pontevedra). == Características == Ten visibles 192 cm de altura dun total de 235 cm e uns 50 cm de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpeantes. Dende a súa descuberta en 1958 permaneceu tirada no chan durante algúns meses e foi levantada por arqueólogos do Museo de Pontevedra.[cando?] Cumpría a función de pedra de termo entre as parroquias de Gargantáns e Santa Xusta de Moraña. O concello de Moraña adoptouno como peza representativa no escudo do concello. == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Ligazóns externas === Ficha en Fuso da Moura[Ligazón morta] Ficha en Amigos do Arqueolóxico. Megalitos de España y su bilbiografía A Lapa de Gagantáns en Dixital.CSIC: Modelos 3D e Información Xeral

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Como ir

Horário 24/7

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar