Montanha
Monte de San Nomedio
Taboexa · As Neves · Pontevedra · 694 m

Foto: Paradanta · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Montanha em Taboexa (As Neves, Pontevedra), a 694 m de altitude, a 5,2 km de As Neves.
O monte de San Nomedio localízase entre as parroquias de San Xosé de Ribarteme e Taboexa, con cumio nesta última, no concello das Neves, na comarca pontevedresa do Condado. Pertence ao sistema montañoso dos montes da Paradanta. Acada unha altitude de 690 metros e elévase entre os vales dos ríos Termes ao sur, o Xuliana ao oeste e o Uma ao norte. No seu cumio existe unha sinxela ermida dunha soa nave dedicada a San Mamede (Sandomedio, San do Meio, San Omedio ou Santo Amedio), festividade que cada 7 de agosto dá lugar á celebración dunha romaría.
Lendas
Existen varias lendas que teñen a este monte das Neves como protagonista. A primeira é a lenda dos Sete Irmáns que, por outra parte, non é exclusiva del, xa que se pode atopar noutros puntos da xeografía galega como a comarca da Limia. Fala da existencia de sete irmáns santos (Filipe, Fins, Marco, Xián, Tomé, Trega e propio Mamede) que teñen cada un deles a advocación dun determinado monte da zona. A existencia de dúas pedras con certa aparencia de cadeira, unha no monte de San Nomedio e outra no próximo monte de San Fins é interpretada pola lenda como os lugares onde se acomodan os dous irmáns para falaren entre eles. A outra ten que ver cun Boi de Ouro que os mouros levaron ao monte para louvalo e que, seguindo a lenda, deixaron soterrado alí. O animal máxico cobrou vida e permanece debaixo dunha laxe (coñecida na zona co nome de Laxe Negra) á cal chega de xeito subterráneo un brazo de mar. Ninguén pode mover a laxe para intentar ver ou coller o Boi de Ouro; se o fixer, o mar asulagará todas as aldeas de arredor.
Outros artigos
Ponte das Partidas
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Montaña
Altitude 694 m
Vila mais próxima As Neves, a 5,2 km
Habitantes do concelho 3.655 (2025) · IGE