Montanha

Monte Faro de Domaio

Domaio · Moaña · Pontevedra · 628 m

Monte Faro de Domaio, montanha en Moaña

Foto: Txo (discusión) Mi discusión en castellano 20:43, 22 August 2007 (UTC) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Montanha em España, a 628 m de altitude, a 920 m do Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño.

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 628,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste. O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións. No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara ao leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica. Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal. O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión. No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Montaña

Também chamado Monte Gagán

Altitude 628 m

Vila mais próxima Moaña, a 6,6 km

Caminho de Santiago Camiño Portugués pola Costa - Moaña no Camiño, a 920 m

Habitantes do concelho 19.316 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar