Mosteiro

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

Pantón · Lugo

Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro

O mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro ou San Vicente Polumbario é unha edificación relixiosa da que queda a igrexa de estilo románico situada na parroquia de Pombeiro do concello de Pantón na Ribeira Sacra. == Historia == De orixes eremíticas, remontables ao Reino Suevo, semella ter sido fundada pola raíña de Galicia Goto Muñiz, dona de Sancho Ordóñez no século X. En 1109, a raíña Orraca doouna á Orde de Cluny. Coincidindo co esplendor do monacato medieval, foi reedificada no século XII e XIII. Foi priorado ata o 1526 en que foi asumido polo mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Igual que outros mosteiros bieitos, as reformas dos Reis Católicos, sometérono á Congregación de Valladolid. == Arquitectura == Contén tres naves e os correspondentes tras ábsidas. A portada principal, enmarcada entre contrafortes e baixo un decorado gardachoivas é de estilo protogótico. As outras portadas, de época similar, son tamén de notable interese arquitectónico medieval, a do norte, tamén enmarcada en contrafortes, sitúase baixo un apreciable rosetón. Existen pinturas interiores do século XV, e retablos renacentista e barroco. == Galería de imaxes == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Las pinturas murales de San Vicenzo de Pombeiro

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar