Mosteiro

Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro

Forcarei · Pontevedra · 1170

Mosteiro de Santa Maria de Aciveiro

Santa María de Aciveiro é un mosteiro medieval beneditino que vertebrou a vida económica e social da Terra de Montes desde a súa fundación no século XII ata a exclaustración producida pola desamortización no século XIX, concretamente no ano 1842, data da súa poxa. == Situación == O mosteiro sitúase na parroquia de Santa María de Aciveiro, concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, no montañoso interior da provincia de Pontevedra. Está situado a carón do antigo camiño de Vendas de Narón a Folgoso a unha altitude de case mil metros, preto do antigo camiño que uniría Lucus Augusti coa costa pontevedresa atravesando a soidade da Serra do Candán na época romana. É considerado Monumento Histórico Artístico desde o ano 1931 e, na actualidade, considerado Ben de Interese Cultural. A superficie total do recinto é de 46.658 m², dos cales 5.896 m² corresponden propiamente ao edificio cenobial e á igrexa anexa, 2.125 m² ao adro do conxunto e 37.629 m² ás tres leiras de labor agrícola anexas. == Historia == === Fundación === A data da súa fundación posiblemente sexa a documentada no chamado Tombo Grande (1617) do mosteiro, que toma como referencia unha inscrición situada na parede sur da igrexa monacal que establece o 4 de febreiro do ano 1135 como o momento no que doce relixiosos beneditinos de Claraval, chamados polo rei Afonso VII, proceden á súa constitución. A mesma obra pon en relación a fundación do mosteiro co afán fundacional do emperador Afonso VII e resalta a importancia da fundación facendo fincapé no número de monxes fundadores, doce, a diferenza doutras fundacións similares da época que se realizaban cun número moi inferior de monxes e que logo chegarían á cifra de 106. Na confirmación de mosteiros que formaban parte da diocese de Santiago feita no ano 1154 polo papa Anastasio IV figura entre eles este de Aciveiro. Doutra inscrición da igrexa que sinala o ano 1170 parece deducirse a data de incorporación da comunidade relixiosa á orde do Císter, pese a que a interpretación desta inscrición é obxecto de distintas interpretacións por parte dos historiadores, polo que na actualidade a data que se valora como máis segura para sinalar a incorporación ao Císter é a do ano 1225. === Abadengo === O seu primeiro abade e fundador foi Pedro, que falecería cara ao ano 1160 sucedéndoo no cargo Pedro Martínez, nobre galego, posiblemente natural da propia Terra de Montes, e que fixo importantes doazóns ao mosteiro. Ambos foron persoas de gran prestixio no seu tempo. Trala morte de Pedro Martínez sucedeuno no cargo o abade Xoán (cara ao ano 1200 ou 1201). Entre o ano 1250 e 1255 morreu Xoán e sucedeuno no cargo o abade Diego. A figura máis destacada que deu este mosteiro foi a do abade coñecido como san Gonzalo das Penas, que gobernou a comunidade desde o ano 1429 ata o seu falecemento cara ao ano 1475. Trala súa morte o pobo deulle tratamento de santidade e teceu ao seu redor lendas como a recollida por Ramón Cabanillas na obra O oso de Oseira. === Encomendas === Desde principios do século XV a poderosa casa de Ulloa (daquela, o cabeza de familia era Lope Sánchez de Ulloa) converteuse en encomendeira deste e doutros mosteiros. Estas posesións pasaron á casa de Altamira como consecuencia do matrimonio entre Vasco Lope de Ulloa e Inés de Moscoso. Este feito contrariou a Sancho Sánchez de Ulloa, irmán de Vasco, polo que, xunto co arcebispo Alonso II de Fonseca, apoderouse de todas as terras herdadas polo 1º conde de Altamira Lope Sánchez de Moscoso. Este pediulle auxilio a Diego de Andrade e obtiveron a restitución de todo do que fora despoxado cando xa se dirixían a Santiago de Compostela co seu exército para presentar batalla. Unha figura semellante á encomenda e que proliferou nesas datas foron os abades comendatarios, abades que a maior parte das veces non residían no mosteiro e limitábanse a recibir as rendas sen prestar a cambio ningún beneficio ao mosteiro. Exemplo desta figura en Aciveiro foi o bispo de Catania no ano 1493. === Incorporación á Congregación de Castela === Coa incorporación da comunidade no ano 1518 á Congregación de Castela esta figura desapareceu.…

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar