Museu
Museu de Pontevedra
Pontevedra · 1927
Foto: juantiagues · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Museu em Pontevedra, Espanha, a 12 m de altitude, a 176 m do Caminho Português de Santiago.
O Museo de Pontevedra, tamén coñecido como Museo Provincial de Pontevedra, foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edificios históricos e un sexto de nova construción, con salas de exposición permanente e temporais. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. O edificio fundacional, o Castro Monteagudo, localízase na rúa Pasantería en Pontevedra. Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.
Historia
O Museo de Pontevedra fundouno a Deputación Provincial de Pontevedra no pazo de Castro Monteagudo o 30 de decembro de 1927 e abriu ó público o 10 de agosto de 1929. Co tempo foi ampliando as súas instalacións. Desde 2012 o museo ocupa cinco edificios históricos máis un sexto edificio moderno que se comezou a construír en 2004 e que se inaugurou en 2012. O convento de Santa Clara de Pontevedra vaise reformar para acoller fondos do museo. Desde a súa fundación dirixírono Casto Sampedro Folgar (1927-1937), Xerardo Álvarez Limeses (interino, 1937-1940), Xosé Filgueira Valverde (1940-1986), Xosé Carlos Valle Pérez (1986-2019), José Manuel Rey García (2019-2023) e Ángeles Tilve Jar. O nomeamento desta última, en particular o xeito no que se produciu, provocou a dimisión do Consello Asesor o 28 de setembro de 2023. En novembro de 2025 foi confirmada como directora titular.
Edificio Castro Monteagudo
Este edificio está datado en 1760, e leva ese nome porque foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na provincia Marítima de Pontevedra. É o edificio inicial do museo. As distintas salas exhibían tradicionalmente os fondos arqueolóxicos, de orfebrería prerromana e romana, pratería e pintura. Actualmente, a exposición permanente está en proceso de remodelación.
Salas de arqueoloxía
Á arqueoloxía estábanlle dedicadas tres salas no edificio Castro Monteagudo, presentando materiais moi significativos de etapas da prehistoria e da protohistoria de Galicia. Na última remodelación trasladáronse case todos estes fondos arqueolóxicos expostos para o Edificio Sarmiento. Algúns materiais aínda permanecen no seu lugar no ano 2014, como a colección de ourivaría galega tradicional que se empregaba para establecer un contraste coa colección de ourivaría prehistórica.
Colección de pratería Fernández de la Mora y Mon
A colección, depositada de modo permanente no edificio Castro Monteagudo, foi adquirida polo escritor e diplomático Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. Está formada por pezas anteriores a 1900, predominando a arte civil sobre a sacra. As pezas son procedentes, ademais da Península Ibérica e de Hispanoamérica, doutros lugares coma Rusia ou China. A serie de prata niquelada (con incrustacións de aliaxes de chumbo) inclúe caixas e portavasos rusos, petacas turcas e cuncas tailandesas. Unha das pezas máis antigas é unha cunca bizantina para bautizar, do século XV ou XVI. A de maior relevancia histórica é unha caixa do predicador de Nova Inglaterra Thomas Hooker de 1600, e a máis nobre é unha caixa de rapé moscovita con cantos curvos de comezos do século XIX. Pero a peza máis valiosa é unha sopeira imperial, forxada en Estrasburgo cara a 1800, sen desmerecer unha xerra-trofeo ofrecida pola emperatriz de Alemaña Augusta Vitoria ao vencedor dunha carreira en 1898, con moedas de ouro incrustadas coas efixies dos tres emperadores que reinaron no mesmo ano.
Edificio García Flórez
O pazo de García Flórez chámase así por ser Antonio García Estévez Fariña e maila súa esposa Tomasa Suárez Flórez os que no século XVIII ergueron esta casa señorial sobre un pazo anterior. Foi unido ó Museo Provincial en 1943. Os fondos que se expón nas súas salas consisten en material e mobiliario de mareantes, escultura relixiosa e acibechería. == Edificio Fernández López ==…
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Museo · Museo de arte
Fundado por Deputación de Pontevedra
Extensão 1 ha
Visitantes por ano 175.000
Inaugurado 1929
Proteção Ben de Interese Cultural
Altitude do ponto ≈ 12 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Pontevedra, a 75 m
Caminho de Santiago Caminho Português de Santiago, a 176 m
Habitantes do concelho 83.339 (2025) · IGE
Como ir
Endereço Rúa Padre Amoedo, 3
Chegar de autocarro
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 199 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 217 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
- Ponte de Santiagoa 239 mFontáns-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A. · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Figueirido-O Sixtro-Salcedo-Campolongo-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.