Petróglifo
Petróglifos do Chan da Ferradura
Amoeiro · Ourense

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense. As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m². == Situación == O Chan da Ferradura é unha pequena meseta situada no extremo sudocidental do Chao de Amoeiro, sendo o punto xeográfico dominante entre a confluencia dos ríos Barbantiño e o Miño. == Descrición == Trátase dunha interesante estación de gravados rupestres de cronoloxía indeterminada, xa que pola súa tipoloxía, basicamente coviñas, e polo tipo de soporte (xisto) distinto ao predominante nos gravados do suroeste de Galicia. Ademais trátase de grandes penedos exentos e algúns abrigos con gravados no seu interior. O conxunto está composto por un total de 18 grupos inscultóricos dispostos en torno ao Chan da Ferradura. A disposición dos petróglifos é periférica dentro da formación topográfica conferíndolle unha clara unidade á estación rupestre. Ao conxunto de gravados engádense dous castros situados nas inmediacións da estación: o Castro da Zarra e o Castro Coto do Castro. No da Zarra localizáronse tres petróglifos tipoloxicamente diferentes aos da estación da Ferradura, xa que os motivos que presentan os gravados son deseños propios da Idade de Bronce, tres rochas con círculos concéntricos como motivo principal. A estruturación espacial dos gravados defínese logo pola disposición de grandes penedos con coviñas delimitando un chan en altura, un acceso á estación e un complexo central que no caso da Ferradura é unha rocha cun mínimo de once figuras de pés, coviñas e ferraduras, sen ter en conta a cronoloxía coincidente ou non dos gravados. Os motivos representados son moi diversos sendo as maioritarias as coviñas hemiesféricas, hemicilíndricas, os reticulados, os círculos concéntricos, as ferraduras e as cruces. Entre estes gravados destacan: Dúas pegadas de pé rebaixadas na rocha e que son interpretadas por García Quintela e Santos Estévez como un posible lugar de investidura de xefes castrexos, o que lles fai presentar a hipótese de que unha parte importante dos gravados sexan da Idade de Ferro e non anteriores senón coetáneos á Cultura castrexa, falando da "Área ritual da Idade de Ferro da Ferradura". A propia situación xeográfica na confluencia de dous ríos foi considerada en moitas culturas como sagrada, como lugares sagrados. Outra inscrición de interese, malia a súa difícil lectura, é a situada no cume do Castro Coto do Castro, e preto del outro con posible forma de serpe. Un terceiro gravado destaca neste conxunto e non polo seu especial deseño, senón polas posibilidades interpretativas que del se pode extraer. Trátase dun curioso petróglifo cunha forma sen paralelos coñecidos na arte prehistórica galega, no abeiro rochoso coñecido como "O Raposo". No ano 2002 o Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento realizou traballos de escavación arqueolóxica no contorno do petróglifo. Localizáronse neles novos petróglifos (entre eles un serpentiforme), restos dun rudo empedrado na base da rocha, instrumentos líticos posiblemente empregados para gravar a rocha, unha acumulación de cuarzos brancos nunha esquina e anacos incrustados nas fendas. Tamén se observou que unha das fendas da rocha fora artificialmente alargada e a través dela permite ollar un anaco do horizonte ocupado na súa totalidade polo Castro de San Cibrao de Las. === A aliñación arqueoastronómica no solsticio de inverno: "O abeiro do Raposo" ===…
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Albeirosa 959 mOurense E.I.-Tamallancos-Amoeiro-Trasalba-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Amoeiro-Tamallancos-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I.
- A Bergueiraa 1.0 kmOurense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.