Área protegida

O Invernadeiro

Pradoalbar · Vilariño de Conso · Ourense · 1997

O Invernadeiro, área protegida en Vilariño de Conso

Foto: dorfun · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Área protegida em Pradoalbar (Vilariño de Conso, Ourense), a 1.080 m de altitude, a 17,9 km de Viana do Bolo.

O Invernadeiro é un parque natural galego que abrangue as montañas do sur do macizo central e que se atopa no concello ourensán de Vilariño de Conso. Está situado entre os ríos da Ribeira Grande e da Ribeira Pequena e entre as serras de San Mamede, de Queixa e do Fial das Corzas. O parque destaca pola súa biodiversidade, en especial polos seus mamíferos (como os corzos, cervos e cabras bravas) e os peixes das súas ribeiras, e a súa xeomorfoloxía. Os seus cumes son espazos abertos de pastos, as súas abas contan con corgos e cóbrenas as uceiras e queirogais e nas ribeiras dominan as fragas e os soutos. É un parque desde o século XX despoboado mais que desde século XV, cando menos, fora un terreo propiedade de nobreza ligada á Casa da Mezquita. Estes aforábanllo e arrendábanllo ás xentes do val do Conso. No século XX aproveitouse para a plantación madeireira e a papelería. Un incendio forestal de 1979 deu pé a que fose comprado pola Xunta de Galicia en 1984. Aí comezaría a súa protección, primeiro como refuxio de caza en 1989 e logo como espazo con actividades reguladas 1990. O 5 de xuño de 1997 declarouse como o cuarto parque natural galego. Desde 2014 forma parque da zona especial de conservación (ZEC) do Macizo Central, a cal se propuxo en 1997. No ano 2022 volveu sufrir un grave incendio forestal.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Espazo natural protexido · Parque natural

Extensão 5.696 m²

Altitude do ponto ≈ 1.080 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Viana do Bolo, a 17,9 km

Habitantes do concelho 501 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Ao lado deste lugar