Festa
Pantín Classic
Valdoviño · A Coruña · 1989
Pantín Classic é unha competición de surf que se celebra dende 1989 na praia de Pantín (ou praia do Rodo) no concello de Valdoviño. O Pantín Classic é a proba máis antiga do surf en España e a cuarta máis antiga do mundo despois da World Surf League (WSL) de Bells Beach (Australia), Virginia Beach (USA) e Lacanau (Francia). Dende 2008 a competición está organizada polo Club Praia de Pantín. == Historia == Nos anos 1980 xa había na zona de Ferrol unha importante afección ao surf e ás súas variantes. Estes afeccionados recibían un importante pulo tódolos veráns coa visita de turistas estranxeiros que se achegaban ata as costas de Ferrol seguindo a liña de costa do norte de España. As praias de Doniños, San Xurxo, A Frouxeira e Covas eran coñecidas fóra de Galiza. Aínda sendo un deporte elitista e limitado a estamentos sociais moi concretos o surf gañou en difusión. En decembro de 1987 o grupo de afeccionados formado por Vicente Irisarri (que sería alcalde de Ferrol), Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo crean o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza. Co apoio e os contactos axeitados foron quen de poñer en marcha unha competición de surf aproveitando o final do verán e que ás costas achegábanse surfeiros de toda Europa. O lugar elixido foi a praia de Pantín en Valdoviño. Un areal de mar aberto afastado da especulación urbanística e case virxe. A nova iniciativa, a praia de Pantín está a 20 km do centro de Ferrol, completouse cunha intelixente promoción. Durante o verán uns rechamantes carteis con imaxes de surf podíanse ver nas tendas de material deportivo de Ferrol. Cos anos a competición estaría patrocinada por marcas internacionais como Red Bull, Quiksilver, Headworx ou Ballantines. En 2016 a competición foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. == Marcas == A primeira edición do Pantín Classic fíxose en 1988 os días 23 e 25 de setembro co seguinte palmarés. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Pantín Classic: 25 años de historia. Océano Surf Club (primeira edición 2007, 20 aniversario) === Ligazóns externas === Sitio web oficial da proba (en castelán) (en inglés) PANTIN CLASSIC - Historia do Surf no norte de España (en Youtube) Pantin Classic - 30 años de historia 17min50seg (en Youtube)
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- O Ariñoa 279 mValdoviño (mercado)-A Loira · Valdoviño (mercado)-A Loira · Cedeira E.A.-Praia Pantín-Ferrol E.A. (por AC-566) · Praza de Galicia-Praia de Pantín-Cedeira E.A. (por Narón)
- O Mouriscala 901 mValdoviño (mercado)-A Loira · Valdoviño (mercado)-A Loira
- Pantína 956 mPraza de Galicia-Praia da Frouxeira-Cedeira E.A. · Praza de Galicia-Praia da Frouxeira-Cedeira E.A. · Praza de Galicia-Cedeira E.A. · Praza de Galicia-Cedeira E.A. · Ferrol E.A.-Cedeira E.A. (Por Castro) · Cedeira E.A.-Ferrol E.A. (por AC-566)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.