Pazo

Pazo de Arretén

Padrón · A Coruña

O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro. == Descrición == Contruído no século XVI pola familia fidalga dos Bermúdez de Castro, na Casa Grande de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía. A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas. Hoxe en día, o pazo, propiedade do grupo Vidalferrs, adicado á hostalería. As 6,5 hectáreas de terreo adícanse maioritariamente ao cultivo de viña albariña (Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla). e o pazo converteuse nun hotel. "A rehabilitación levada a cabo foi obxecto de diferentes sancións, posto que non existía nin proxecto de execución, nin permiso municipal, nin tampouco o informe favorable de Patrimonio." O que non foi obstáculo para que se rematase e toda actividade empresarial se puxera en marcha. Unha placa de pedra no actual pazo-hotel lembra a súa relación con Rosalía de Castro. == Na cultura popular == O pazo aparece mencionado nas novelas A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo, e A dama da noite (2014), de Xavier Seoane. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Borobó (14/9/2000). "O asalto ó pazo de Arretén". O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001). USC (publicado o 2002). pp. 78–79. ISBN 84-9750-123-3. García Iglesias, Xosé Manuel (2001). Guía dos pazos de Galicia. A Coruña. Fotografías: Xenaro Martínez Castro. Vigo: Galaxia. p. 297. ISBN 84-8288-434-4. Depósito legal: VG-361-2001. === Outros artigos === Ruta Rosaliana === Ligazóns externas === Turismo.gal Xunta de Galicia. Páxina oficial do actual hotel Interesante pola calidade das fotos que axudan a facerse unha idea de como era o pazo.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar