Paço

Pazo de Mariñán

Bergondo · A Coruña · 1500

Pazo de Mariñán, paço en Bergondo

Foto: -Merce- · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Solar em Mariñán, Bergondo, a 22 m de altitude, a 1,5 km do Camiño Inglés.

O Pazo de Mariñán é un pazo do século XVIII, que se atopa no lugar de Mariñán, no concello de Bergondo. Foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1972.

Descrición

Sitúase a 25 km da cidade da Coruña, na marxe esquerda do río Mandeo, moi próximo a poboacións históricas como Betanzos e Pontedeume. Presenta elementos barrocos no seu corpo arquitectónico e no seu xardín de estilo francés. Ten a súa orixe no século XV. Gómez Pérez das Mariñas I, nobre da corte de Xoán II de Castela, mandou construír unha defensa. Inicialmente era coñecido como Pazo de Bergondo. Gómez Pérez das Mariñas participou activamente na Gran Guerra Irmandiña (1467-1469). Foise herdando de pais a fillos ata chegar a mans de Gerardo Bermúdez de Castro y Suárez de Deza, señor de Láncara. Un antepasado seu foi Luís de Pimentel e Soutomaior, que intentou asasinar á súa muller, Inés de Ribadeneira, nas dependencias do pazo. Ó morrer Gerardo Bermúdez en 1936 sen descendencia, o pazo quedou legado á Deputación da Coruña para fins sociais. Ó ser os seus últimos propietarios Señores de Láncara, o pazo foi coñecido polos seus contemporáneos como Pazo de Láncara, sendo así recordado pola veciñanza de máis idade. Asemade na declaración como Conxunto Histórico Artístico no 1972 se fará mención a este dobre nome, que oculta o máis antigo de Pazo ou Quinta de Bergondo. O Pazo de Láncara (Lugo) tamén formaba parte do legado de Gerado Bermúdez de Castro. Á morte deste benfeitor a súa doazón pasou case inadvertida; o pazo foi nomeado Fogar Xeneralísimo Franco e co beneficio das vendas de terras fixéronse colexios e outros centros asistenciais, ningún dos cales leva o seu nome. Conta cunha pinacoteca que se pode visitar, centrada en cadros dos séculos XIX e XX, moitos deles galegos, e as súas dependencias están ambientadas con mobiliario principalmente do século XIX.

Xardín

O xardín do pazo ten exemplares botánicos de grande importancia, tres deles figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia: Érbedo; Nogueira pecán ou de Illinois, Carya illinoensis; Eucaliptos. Ademais o grupo de Plátanos comúns figura no mesmo catálogo, na categoría de formacións senlleiras.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Paço

Telhado Telha

Andares 2

Proteção Ben de Interese Cultural

No catálogo RI-53-0000140

Altitude do ponto ≈ 22 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Betanzos, a 4,2 km

Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 1,5 km

Habitantes do concelho 7.121 (2025) · IGE

Como ir

Endereço 81, 15165, Bergondo

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar