Pazo

Pazo de Trasfontao

Silleda · Pontevedra

O pazo de Trasfontao é unha construción señorial situada no lugar de Trasfontao, na parroquia de Silleda, no concello do mesmo nome. De estilo barroco, os edificios que o conforman datan do século XVIII. Situado a carón da Vía da Prata, está rodeado por un muro dun par de metros de alto. Dentro do recinto, destacan, ademais do propio pazo, o pombal, así como a capela, situada ao pé da Vía. Alberga distintos escudos de armas de liñaxes como a dos Montenegro, Mosquera ou Oxea. Nas proximidades sitúase unha carballeira con exemplares centenarios. En 2012 puxéronse en marcha as obras de rehabilitación da construción, valoradas en 1,3 millóns de euros.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar