Paço
Pazo do Rial
Sobrán · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra
Foto: Furado · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Construção civil em Vilaxóan, Vilagarcía de Arousa, a 16 m de altitude, a 110 m do Camiño Portugués Variante Espiritual.
O pazo do Rial é unha casa señorial que se atopa en Vilaxoán, na parroquia de Sobrán, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa; moi preto da vila. Ergueito no século XVII en estilo barroco, e vencellado historicamente á familia nobre galega: Mariño de Lobeira, na actualidade funciona como instalación hoteleira e restaurante. Está declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de Hotel-Monumento Histórico Artístico.
Historia
É unha gran casa señorial do século XVII ergueita sobre unha construción anterior medieval por Xoán Antonio Mariño de Lobeira.[Cómpre referencia] Un dos descendentes desta familia, no século : Pedro Mariño casou con Clara Caamaño, neta de García de Caamaño, o fundador de Vilagarcía de Arousa.[Cómpre referencia] Dende 1815 por mor dun preito pola sucesión do pazo de Rubiáns, estes dous pazos volveron quedar vencellados á familia Ozores, á súa vez descendentes dos Caamaño.[Cómpre referencia] A comezos do século XX, o Rial ficou abandonado. Nos anos 1970 vendeuse e foi transformado e ampliado para se converter no hotel que hoxe segue a ser.
Descrición
O pazo atópase nun outeiro de onde divisaba as terras achegadas. Presenta fábrica de cantaría de granito e planta rectangular. É un grande expoñente da arquitectura barroca galega. O edificio atópase flanqueado por dúas torres de tres andares, todo a decoración ten un estilo barroco de grande harmonía, por ser construído nun mesmo momento: tanto o corpo coma as torres están ameadas, atopamos ademais cornixas molduradas, varios balcóns sobre canzorros labrados; as torres teñen nos seus ángulos superiores gárgolas a xeito de canóns. As potentes chemineas salientan o seu aspecto señoril. Na fachada do corpo central, así coma na parte superior das torres aparecen varios escudos de armas que representan as distintas familias que nel moraron: Ozores, Soutomaior, Sarmiento e no centro o brasón dos Mariño de Lobeira, coa serea, as ondas, os lobos e maila estrela. A casa tamén ten unha capela e un hórreo É o máis importante dos pazos de Vilaxoán. A súa imaxe lembra ao achegado pazo de Sobrán.
Galería de imaxes
Outros artigos
Pazos de Galicia Pazo de Rubiáns Pazo de Sobrán Pazo de Pardiñas
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Paço · Monumento
Telhado Telha
Paredes Pedra
Proteção Ben de Interese Cultural
No catálogo RI-51-0008766
Altitude do ponto ≈ 16 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Vilaxoán, a 1,3 km
Caminho de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 110 m
Habitantes do concelho 37.975 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- Rial Ia 107 mO Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza · Avda. A Mariña-Andras-Avda. A Mariña
- Rial Ia 117 mO Carril (merendeiro)-Urbanizacion O Rial · Avda. A Mariña-András · Avda. A Mariña-Renza
- O Riala 277 mIES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I · IES Armando Cotarelo Valledor-Aralde I
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.
.jpg?width=400)
