Cabo

Península de Monterreal

Baiona · Pontevedra

Península de Monterreal

A península de Monterreal ou de Monteboi é un promontorio natural situado na vila de Baiona, na provincia de Pontevedra. == Historia == Coñécese dende hai máis de 2.000 anos como recinto amurallado. Habitaron aquí celtas, fenicios e romanos, os cales foron moitas veces atacados. Existen tamén restos dun castro. Antigamente asentouse aquí a vila de Baiona, por privilexio outorgado polos Reis Católicos para defenderse das incursións corsarias. Outro privilexio foi o cambio de nome: de Monteboi a Monterreal; dándolle así máis importancia. == Xeografía == A península ocupa unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km. As murallas datan de entre os séculos XI e XVII. Na península hai catro praias: Cuncheira, Os Frades, Barbeira e A Ribeira. == Parador "Conde de Gondomar-Baiona" == O recinto converteuse en residencia de gobernadores, como o Conde de Gondomar. Despois de pasar a mans privadas o Ministerio de Información e Turismo mercou o terreo e construíu o Parador "Conde de Gondomar". == Muralla == A muralla mantén as tres torres dende as que se vixiaba a fortaleza. Na entrada está a torre do Reloxo ; ó leste érguese a torre da Tenaza e na parte oriental da fortaleza, sobre a baía de Baiona, atópase a torre do Príncipe. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, dos Soutomaior e o de Baiona). Debe o seu nome ó príncipe portugués Afonso Enriques que estivo retido nesa torre. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === López Otero, Beatriz e Soraluce Blond, J. R. (2013). Monterreal de Baiona. Transformaciones de un monumento Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 55,63 MB ISBN 9788497495790.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar