Ponte

Ponte Maceira

Negreira · A Coruña

Ponte Maceira

A ponte Maceira é unha construción sobre o río Tambre entre as parroquias de Agrón (Ames) e Portor (Negreira). En 2022 foi declarado Ben de Interese Cultural con categoría de monumento. == Historia == A ponte Maceira conecta as comarcas da Maía e A Barcala. Ademais, por ela discorre o Camiño de Fisterra-Muxía. Construíuse na Idade Media, entre os séculos XIII e XIV, para conectar Santiago de Compostela cos portos de Fisterra. A ambas as beiras formáronse os núcleos da Ponte Maceira (Agrón) e A Ponte Maceira (Portor). Foi escenario de conflitos entre o cabido da catedral de Santiago de Compostela e a casa de Traba e mais a nobreza galega. No século XII as tropas do arcebispo Diego Xelmírez enfrontáronse ás de Pedro Froilaz de Traba, e en 1471 enfrontáronse as tropas do arcebispo Alonso II de Fonseca coas de Lopo Sánchez Moscoso de Altamira. No século XVIII o ilustrado José Cornide Saavedra describe a ponte como unha estrutura de sete arcos, en estado de conservación precario. Di tamén que os tres arcos da dereita son góticos e máis antigos, e os outros catro son de medio punto e máis modernos. Nesa época o arquitecto Juan López Freire realizou unha reparación de urgencia. Por entón documéntanse diversos pasos en barca ou a pé sobre o Tambre. Documéntas a ruína da ponte no ano 1792. Os concellos de Cee, Corcubión, Muxía, Moraime, Fisterra e Muros restauraron a ponte, pero solicitaron a eliminación de portádegos para as persoas usuarias. A finais do século XIX construíuse unha ponte nova ao crearse a estrada Negreira - Os Ánxeles - A Escravitude. En 1987 tivo lugar un desplome parcial, e a Xunta de Galicia restaurou a ponte entre 1991 e 2001. Os concellos de Ames e Negreira realizaron obras de conservación e mellora da contorna en muíños, lavadoiros e pavimentos. == Descrición == A ponte Maceira ten un longo perfil alombado cara ao centro, clásico das pontes medievais. Ten cinco arcos, o central apuntado e os demais de medio punto. As luces dos arcos desde os 6 m ata os 14 m do arco central. O estribo esquerdo ten dous arcos máis recentes, que facilitan o desaugadoiros. Os arcos están protexidos, en ambos os dous sentidos da corrente, por grandes tallamares de perfil apuntado e final escalonado. O taboleiro da ponte ten case 3 m de ancho. As fábricas actuais son o resultado da restauración do s. XIX. Tanto o percorrido da ponte coma as zonas de acceso están protexidos cun pretil de cantaría sobre un pavimento de pedra, todo de construción contemporánea. A ponte mantense en uso, servindo para o tránsito local e para as persoas que fan o Camiño de Santiago. == Galería de imaxes == == Notas ==

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar