Praia
Praia de Baltar
Sanxenxo · Pontevedra

A praia de Baltar ou praia de Portonovo é un areal situado en Portonovo (Sanxenxo). En 2016, como en anos anteriores, foi recoñecida co distintivo europeo da Bandeira Azul. Xunto ás de Canelas e Caneliñas, conforman as praias de Portonovo. Recibe o seu nome da aldea de Baltar, situada ó outro lado da estrada PO-308, que percorre a praia lonxitudinalmente. == Características == A praia está separada da estrada por un cordón de dunas formadas polo vento que levanta a area da praia e a empurra cara á súa zona posterior. Ente a duna e a estrada e ó longo da praia esténdese un paseo de madeira que une as localidades de Sanxenxo e de Portonovo. A praia esténdese dende a liña urbana da vila, a partir do peirao do Chasco, alcanzando uns 600 m de lonxitude, aproximadamente, até a rochosa Punta do Vicaño, que separa a praia de Baltar da de Silgar. É de area branca e fina, e con augas tranquilas, ó estar protexida polo promontorio de Punta Vicaño ó leste, e as instalacións do porto ó oeste. No citado peirao atópase o Club Náutico de Portonovo, entidade potenciadora dos deportes náuticos na zona. Tamén foi distinguido en 2016 cunha Bandeira Azul. == Aeródromo == Nesta praia existiu un aeródromo, onde voou a primeira muller piloto de Galicia, Elisa Patiño. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Ficha da praia na páxina web do concello (en castelán) Galicia Máxica (en castelán) + Ficha en Turismo.gal (en castelán)
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Baltar (Portonovo)a 105 mO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · Liña Directa Portonovo-Sanxenxo E.A.-Pontevedra E.A. (AP-9) · Liña Directa Portonovo-Sanxenxo E.A.-Pontevedra E.A. (AP-9) · IES de Vilalonga-Portonovo (mercado) · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- Sanxenxo (centro saúde)a 105 mCEIP de Portonovo-Depósito · CEIP de Portonovo-Depósito
- Baltar (Portonovo)a 138 mO Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Dorrón (centro cultural)-Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · SX: Circular Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · IES de Vilalonga-Portonovo (mercado) · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.