Árvore monumental
Souto da Retorta
Chavín · Viveiro · Lugo · 2000
Foto: RodrigoRega · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Árvore monumental em Chavín (Viveiro, Lugo), a 46 m de altitude, a 5,3 km de Viveiro.
O Souto da Retorta é un souto declarado árbore senlleira e monumento natural que se atopa na parroquia luguesa de Chavín (Viveiro), na marxe dereita do río Landro e a uns 6 km da capital municipal. Dentro do souto destaca un rodal duns 600 eucaliptos da especie Eucalyptus globulus, algúns deles centenarios e de gran tamaño, ós que debe o sobrenome polo que tamén é coñecido: o eucaliptal de Chavín. A súa declaración de árbore senlleira foi grazas ás árbores que destacan nel polo seu porte e idade. O eucalipto azul coñecido como O Avó, inda que non é o exemplar máis alto do conxunto arbóreo da Retorta, é o máis sobresaínte polo seu grosor e por ser o máis ancián desta paraxe xa que ten entre 120 e 130 anos. Ademais o espazo presenta, ó longo do curso do río, dúas fervenzas dignas de mención: o Salto do Can e o Pozo da Ferida, este cunha caída en vertical de 30 metros. Este souto atópase en parte dentro do ZEC Río Landro. O espazo ten unha superficie de 3,19 ha. e caracterízase polo seu clima oceánico húmido, cunhas precipitacións anuais medias de 1.412 mm e unha temperatura media de 13 °C. Está situado a unha altitude duns 30 metros sobre o nivel do mar.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
O que é Bosque · Monumento natural
Extensão 3 m²
Altitude do ponto ≈ 46 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Viveiro, a 5,3 km
Habitantes do concelho 15.091 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- Chaos (Chavín)a 620 mViveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-ABUÍN
- CHAOSa 643 mViveiro E.A.-Abuín · Santa Mariña-Viveiro E.A. · VIVEIRO E.A.-SANTA MARIÑA · Viveiro E.A.-Abuín · VIVEIRO E.A.-MONDOÑEDO E.A. · Viveiro E.A.-Mondoñedo E.A.
- CALVOSOa 667 mVIVEIRO E.A.-SANTA MARIÑA · Viveiro E.A.-Abuín
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.