Torre
Torre de Alarma de Barciela
Forcarei · Pontevedra

A Torre de Alarma de Barciela, Torre de Alarma de Castrelo, Torre vella de Barciela ou, simplemente, Torre de Barciela é unha construción do século XV situada no lugar de Barciela, parroquia de Santa Mariña de Castrelo do concello pontevedrés de Forcarei, na Comarca de Tabeirós - Terra de Montes. == Descrición == É unha torre de planta cuadrangular dividida en tres corpos cunha escaleira arredor polo exterior do acceso. No primeiro corpo hai unha fornalla de arco semicircular de grandes doelas; o segundo corpo parte dunha plataforma de chegada ás escaleiras onde se facían os sinais luminosos e forma unha especie de espadana con arco de medio punto situado xa no terceiro corpo, rematando un pequeno frontal con beiral e un pináculo na cima. Foi declarada Ben de Interese Cultural co código (R.I.)-51-0008964-00000. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, R.. Guía dos Castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais de Galicia, 2003. ISBN 84-9782-035-5 === Outros artigos === Lista de monumentos da provincia de Pontevedra === Ligazóns externas === Parroquia de Santa Mariña de Castrelo na páxina do Concello de Forcarei Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Coto Aciveiroa 1.1 kmIES Chano Piñeiro-Quintillán · IES Chano Piñeiro-Quintillán
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.