Castelo
Torre da Forxa
Porqueira · Ourense
%20(8058878721).jpg?width=640)
A Torre de Fírbeda, tamén coñecida como Torre da Forxa ou Torre de Porqueira, son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García II de Galicia. == Historia == No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira. Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla. Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares. == Descrición == O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares. Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos. Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais. Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas. == Situación patrimonial == Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español. Posteriormente pasou a ter a declaración de Ben de Interese Cultural. Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Simal Lozano, Jesús Ángel; Conde Cid, Natalia (2009). Castillos, torres, murallas, iglesias fortificadas… de Galicia (PDF) (en castelán). pp. 46, 122–123. Consultado o 11-11-2018.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Forxaa 608 mLobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A.
- Forxaa 608 mLobios (estrada)-Xinzo de Limia E.A.
- FONTEMOURAa 677 mPARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · PARADELA-IES CIDADE DE ANTIOQUÍA · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · Paradela-Xinzo de Limia E.A. · PARADELA-XINZO DE LIMIA E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.