Castelo

Torre fortaleza de Friol

Friol · Lugo

Torre fortaleza de Friol

A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol. == Historia == Probabelmente foi levantada no século XII, conservando da fábrica orixinal nos seus muros interiores marcas de canteiro semellantes aos das igrexas románicas levantadas nese século. Pertenceu á casa dos Altamira, e dela fixo morgado o conde Fernando de Freixomil. Tamén pertenceu aos Maldonado e á antiga liñaxe dos Prados (de orixe leonesa), que ten como estandarte o león rampante en sable sobre campo de ouro. == Características == A fortificación sufriu importantes modificacións, conservándose os restos máis antigos pegados ao pazo levantado con posterioridade. A antiga torre da homenaxe é de planta cadrada, medindo máis de dez metros de lado. Na súa fachada norte ábrese á altura do terceiro andar unha pequena xanela de arco monolítico falso. A fachada oeste, que olla para o antigo patio de armas, ábrese, nos dous últimos andares, por medio de dúas pequenas xanelas de feitura similar á anterior. A fachada leste coñécese co nome de Vara Alta e foi obxecto de múltiplas modificacións, conservando na súa parte máis antiga unha porta de arco de medio punto realizado con grandes doelas e xambas de aresta en chafrán. No lado esquerdo do conxunto consérvase outro corpo da fachada, posibelmente do século XVII, divida en tres andares. Ábrese cunha porta con arco moldurado, e un balcón con balaustrada de ferro, apoiada sobre canzorros de pedra. Na actualidade a torre da homenaxe presenta unha fenda no alto dun dos seus muros, o que fai que o edificio ameace ruína. == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, R. (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Xerais. pp. 97–98. ISBN 84-9782-035-5. === Outros artigos === Castelos de Galicia

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar