岩刻
A Cova da Bruxa
Muros · A Coruña
.jpg?width=640)
A Cova da Bruxa é un conxunto de petróglifos situado en Serres (Muros). == Descrición == Sitúase a 280 m de altitude, con ampla visión do territorio e nunha zona de monte baixo. É o maior conxunto de gravados da comarca, tanto polo tamaño (18 x 8 m) coma pola súa diversidade. Inclúe representacións figurativas animais (cérvidos, équidos e un cánido) e unha figura humana, ademais de formas esquemáticas e xeométricas como círculos e trazados reticulares. A escena principal é a situada no panel superior da laxe, cunha manda de cervos perseguida por unha figura humana armada xunto cun can. Algúns dos cérvidos aparecen sexuados e un deles bruando, o que se asocia a ritos de apareamento. É o único petróglifo de Galicia onde aparece un can, e o máis ao norte dos que teñen escenas de caza. As figuras reticulares poderían ser posteriores ás figuras animais. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Grupo Galaico de Arte Rupestre === Bibliografía === Aparicio Casado, Buenaventura; Peña Santos, Antonio de la (2011). Guía de petróglifos de Galicia. Cumio.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗