灘
A Praia América
Nigrán · Pontevedra
A Praia América (orixinalmente Praia de Lourido) é un lugar da parroquia de San Pedro da Ramallosa, no concello de Nigrán, e tamén é o nome común que recibe a Praia de Lourido, praia situada diante deste barrio. O nome orixinal da praia era Praia de Lourido ou de Area Loura (nome que lle vén pola cor das súas areas), pero dende os anos 30 promoveuse o nome de Praia América pola construción do Hotel América e da primeira urbanización do lugar. O nome logo acadou popularidade. Cunha extensión total de 1.700 metros, limita coa praia de Panxón (da que está separada polo río Muíños), río que tamén fai de estrema entre os lugares de Vilameán (Capital do concello de Nigrán) e Area (barrio que linda co de Praia América), das parroquias de Nigrán (San Fiz) e San Pedro respectivamente. Segundo o IGE, en 2022 tiña 239 habitantes (131 homes e 108 mulleres).
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- Praia Américaa 194 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal · Rúa Ourense-Praia América · Avda. de Galicia-Praia América
- Praia Américaa 198 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Nigrán-Porto Molle-Gondomar-Baiona · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Nigrán-Coruxo-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Playa América-Nigrán-Panxón-Patos-Vigo-Rúa Arenal · Rúa Ourense-Praia América
- PRAIA AMÉRICA (HOLIDAY)a 555 mGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.