教堂

Arco visigótico de Panxón

Panxón · Nigrán · Pontevedra

Arco visigótico de Panxón, 教堂 en Nigrán

照片: farrangallo · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Panxón (Nigrán, Pontevedra)的教堂, 海拔约 11 米, 距Camiño Portugués da Costa 112 m.

O arco visigótico de Panxón é un arco de ferradura de finais do século VII que formaba a porta de entrada dunha antiga igrexa de estilo visigodo que se atopa na parroquia pontevedresa de Panxón, no concello de Nigrán. Os restos formaban parte dunha capela dedicada a San Pantaión, pero co tempo pasaron a formar parte dunha igrexa máis moderna de planta basilical, a de San Xoán de Panxón (mais o arco semella que estaba oculto). En 1932, o arquitecto porriñés Antonio Palacios constrúe nun outeiro a poucos metros do arco a nova igrexa de San Xoán: o Templo Votivo do Mar, conservando só a construción visigótica orixinal do antigo templo. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1964. A súa importancia reside en ser das primeiras manifestacións relixiosas do cristianismo en Galicia.

Estilo

Trátase dunha igrexa de planta de cruz grega da que practicamente só se conserva a fachada principal e parte dos muros laterais, todo en cantaría e cachotaría de granito. A planta é cadrada (propio da arquitectura xermánica), e da porta accédese directamente ao presbiterio. A porta de entrada principal arránxase cun arco de ferradura típico da arte visigoda, rexo e estábel; a liña de extradorso externa do arco é perpendicular ao chan e no seu interior é moi irregular como ocorre na igrexa de Santa Comba de Bande; a diferenza con esta consiste que aquí as doelas encaixan cos perpiaños inmediatos ao muro. O arco fica sostido por un parella de piares (antes foran catro) de fuste liso con cadanseu chapitel corintio ornamentado cunha coroa dupla de follas de acanto, volutas incipientes e elementos xeométricos. O arco posúe vinte e unha doelas dispostas de xeito radial, agás as inferiores que se dispoñen de xeito horizontal. Nas ruínas do templo achamos tamén a lousa dun sarcófago antropomorfo suevo (séculos V-VII) con decoración de tipo estola (véxase foto na Galería de Imaxes). O arco serviu de inspiración para Antonio Palacios na construción do Templo Votivo do Mar.

Estado de conservación

O estado de conservación do arco é bo, mais a contorna está moi descoidada. Cando en 1932 Antonio Palacios presentou o proxecto do Templo Votivo de Panxón dixo que non cobraría diñeiro polo seu traballo coa condición de que os veciños coidasen o arco visigótico. Foi declarado Monumento histórico-artístico polo Decreto 4078/1964, e Ben de Interese Cultural o 3 de decembro de 1964.

Galería de imaxes

Outros artigos

Templo Votivo do Mar

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 教堂

风格 Arte prerrománica

供奉 天主教

保护级别 Ben de Interese Cultural

该点海拔 ≈ 11 m · Terrain Tiles

最近城镇 Nigrán,1.5 km

圣雅各之路 Camiño Portugués da Costa,112 m

全市人口 18,156 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近