廣場
Bosque de sequoias de Poio
Poio · Pontevedra · 1992
照片: Mixigodo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Poio, Pontevedra的廣場, 海拔约 437 米, 距Camiño Portugués Variante Espiritual 1.6 km.
O bosque de sequoias de Poio ou Bosque de Colón é un bosque de sequoias situado no monte Castrove, en San Xoán de Poio. Este bosque alberga o maior conxunto de sequoias vermellas (californianas) de Europa. O bosque foi creado en 1992 para celebrar o 500 aniversario da chegada de Cristovo Colón a América. A súa orixe tivo lugar nunha iniciativa xurdida no Congreso dos Estados Unidos, e o proxecto levouse a cabo logo de que expertos norteamericanos tomaran mostras da terra para confirmar a ideoneidade do solo para a especie. O 4 de decembro dese ano foron plantadas un total de 500 sequoias vermellas por parte da veciñanza de Poio e de persoal californiano que supervisaba o traballo. No acto estiveron presentes o daquela presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o embaixador dos Estados Unidos de América en España, Richard Capen. Na actualidade, a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio é parte responsable da conservación e promoción do bosque.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Xardín
该点海拔 ≈ 437 m · Terrain Tiles
最近城镇 Combarro,3.1 km
圣雅各之路 Camiño Portugués Variante Espiritual,1.6 km
全市人口 17,426 (2025) · IGE
