海岬

Cabo Home

O Hío · Cangas de Morrazo · Pontevedra

Cabo Home, 海岬 en Cangas de Morrazo

照片: Txo (discusión) Mi discusión en castellano 21:15, 5 September 2007 (UTC) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Hío, Cangas的地貌, 海拔约 27 米, 距Cangas de Morrazo 7.6 km.

Cabo Home, tamén coñecido como Cabo do Home ou Cabo de Home, é un pequeno cabo de Punta Sumalvido, no extremo máis occidental da península do Morrazo, que separa as rías de Vigo e Pontevedra na costa atlántica pontevedresa de Galiza, en terras da aldea de Donón que forma parte da parroquia do Hío no concello de Cangas de Morrazo. Este punto, sobre o que se alza un esvelto faro, un dos máis altos de toda a costa galega, popularmente dá nome a toda a zona que comprende, ademais da punta Sumalvido, a punta Robaleira, a enseada de Melide, a punta Subrido e o cabo Pequeno, e que pecha a entrada da ría de Vigo polo lado norte, forma a "canle norte" na entrada da ría. Esta zona forma parte da denominada Costa da Vela ou Soavela integrada no espazo protexido, e pertencente á Rede Natura 2000 e é Zona de Especial Conservación-ZEC declarada polo decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014. É contiguo ao parque natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Está declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Interese Comunitario. Existe unha ruta coñecida como Sendeiro de Cabo Home. No espazo comprendido entre Cabo Home e Punta Subrido, en apenas 2 km, hai tres faros e dúas praias de area, a enseada de Ana baixo punta Robaleira e a praia de Medile rodeada por un piñeiral e bordeada por rochas e cons.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Península

该点海拔 ≈ 27 m · Terrain Tiles

最近城镇 Cangas de Morrazo,7.6 km

全市人口 26,698 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近