萬人塚
Campo de concentración da Lavacolla
Santiago de Compostela · A Coruña
Aínda non hai foto de Campo de concentración da Lavacolla
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|42.89893|-8.42445}}
O campo de concentración da Lavacolla foi un campo de prisioneiros franquista que funcionou entre 1937 e 1939. == Historia e características == En xuño de 1935 inaugurouse na Lavacolla un campo de voo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, as autoridades franquistas instalaron alí un campo de prisioneiros. O campo da Lavacolla foi pechado en novembro de 1939. As autoridades consideraron que o campo de voo da Lavacolla podería converterse no aeroporto de Galicia, pero precisábase ampliar a capacidade das instalacións. Para iso recorreron ao traballo dos presos. Dende 1940, varios batallóns traballaron nas instalacións para converter Lavacolla nun aeroporto transoceánico. Encargaron a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Confinaron aos traballadores nunha antiga fábrica de curtidos, propiedade de Juan Hanguindey Broussain e posteriormente adquirida por Jacobo Varela de Limia. Os prisioneiros castigados eran encerrados nun hórreo de cantería de grandes dimensións xunto ao que pasaban nenos que lles daban pan e espigas de millo. Segundo o relato dos prisioneiros o batallón da mañá tiña que estar formado ás cinco. Dábanlles un cazo de café e levábanos formados de cinco en cinco e collidos da man. Tiñan que percorrer tres quilómetros antes de chegar ás obras. O outro batallón entraba ás 13:00 horas, ata ás 19:00. Ceaban ás 23:00 horas coles cocidas. O traballo era agoniante, tiñan que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra e levalas por unha vía, para ir aplanando uns cerros". Dábanlles pouca roupa e ningún diñeiro. Cando escapaba algún prisioneiro, castigábanos facendo instrución despois do traballo. A morte era case segura para os que non recibían víveres da familia. Os prisioneiros do campo popularizaron a canción: == Véxase tamén == === Bibliografía === Santidrián Arias, Víctor (coord.) (2004). Diario del soldado republicano Casimiro Jabonero. Campo de concentración de Lavacolla. Prisión de Santiago de Compostela, 1939-1940. Fundación 10 de Marzo. ISBN 84-688-5813-7. === Ligazóns externas === Lavacolla, campo de concentración e batallón de traballadores no proxecto Todo é cárcere. "Lavacolla, un aeroporto construído coa man de obra dun campo de concentración" Arquivado 26 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. Sermos Galiza. "Miles de presos construyeron obras civiles y militares en Galicia hasta 1960" La Opinión Coruña (en castelán).
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
Chegar en bus
- Aeroporto de Lavacolla (rotonda Peregrino)a 259 mLugo E.A.-Santiago E.I. · Lugo E.A.-Santiago E.I. · Arzúa-SANTIAGO E.I. · Arzúa-Santiago E.I. · Sobrado-Santiago E.I. · Sobrado-Santiago E.I.
- Astilladoraa 338 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro · SANTIAGO E.I.-VILALBA E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro
- San Paioa 536 mSantiago E.I. - Guitiriz - Burela E.A. · Santiago E.I. - Viveiro E.A. - Burela E.A. · SANTIAGO E.I.-VILALBA E.A. · Santiago E.I.-Centro penitenciario Teixeiro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.