小圣堂

Capela da Misericordia de Viveiro

Viveiro · Lugo

Capela da Misericordia de Viveiro, 小圣堂 en Viveiro

照片: Enrique Pernas · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Viveiro的宗教建筑, 海拔约 8 米, 距Viveiro 579 m.

A capela da Misericordia ou capela da Nosa Señora da Misericordia é un templo relixioso situado en Viveiro. Está situada no barrio da Misericordia, nos arrabaldes do núcleo urbano, do outro lado da ría de Viveiro, sobre a cal pasa a ponte da Misericordia.

Historia

A construción da capela débese ao donativo de Rodrigo Alfonso Alfeirán, quen nunha escritura outorgada ante o escribán de Viveiro Miguel Galo, dispuxo o 29 de xullo de 1603:

Edificio

A capela é de estilo renacentista. Na fachada principal ten dúas portas e unha fiestra que remata nunha espadana. No ático da fachada ten un escudo acuartelado cos brasóns das familias Posada, Pallarés, Somoza e Alfeirán. A planta é unha nave con bóveda de medio canón, dividida por dous arcos torais. Unha reixa separa a nave do altar, cuberto por unha cúpula decorada con frescos do pintor Camilo Díaz. O altar maior foi proxectado polo escultor Juan Sarmiento, e está adicado á Ascensión da Nosa Señora. No altar do lado do evanxeo hai unha imaxe de Antonio de Padua, e no lado da epístola hai unha imaxe do Ecce Homo da Misericordia.

O Ecce-Homo da Misericordia

A imaxe do Ecce Homo situada no altar maior recibe culto en toda a comarca. Atribúenselle numerosas milagres, nas cales se fundou a devoción popular. O primeiro venres de marzo, coñecido como o "día das tres grazas", acoden os devotos axeonllados para pedirlle favores.

Confraría da Misericordia

A capela foi sede da extinta Confraría da Nosa Señora. Na actualidade existe a Confraría da Misericordia, que desde o 2007 participa na Semana Santa de Viveiro coa súa imaxe titular, o Ecce-Homo da Misericordia.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 小圣堂

风格 Renacemento

供奉 Misericordia

别名 Capela do Ecce Homo

该点海拔 ≈ 8 m · Terrain Tiles

最近城镇 Viveiro,579 m

全市人口 15,091 (2025) · IGE

如何前往

无障碍通道 否

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近