Pazo

Casa da Braña

Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Casa da Braña

A casa da Braña é unha casa grande situada no lugar da Braña, na parroquia de Carballedo, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. == Características == Construíuna cara a 1730 Gregorio Senra, párroco de Carballedo e arcipreste de Cotobade, como residencia propia e soar dunha capelanía. En 1856 vendeullo ao veterinario de San Xusto, Francisco Javier Garrido Cerviño, posiblemente no marco da desamortización de Mendizábal. En 1885 mercouno o maxistrado José María Vidal González, pasou ao seu descendente o avogado José García Vidal e logo á súa filla, que en 1954 casou co médico ourensán Antonio Fernández Barja. A construción ten planta rectangular con baixo e piso. En cada fachada hai unha longa solaina con balaustrada de pedra e piares que sosteñen o teito, ás que se accede por medio de patíns. Baixo a solaina fórmase un soportal alintelado sostido por piares. Na esquina sueste hai un reloxo de sol. A casa sitúase nunha terra lindante co río Almofrei e co rego de Chan das Latas. A propiedade rústica ten un hórreo e unha corte, así como diversas froiteiras (maceiras, abeleiras) e outras árbores. Tamén conta cun cruceiro e unha piscina. O recinto está pechado por balaustrada de pedra nalgúns tramos. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Pazos de Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近