加利西亚领主宅邸

Casa de Dona María

Mañufe · Gondomar · Pontevedra

Casa de Dona María, 加利西亚领主宅邸 en Gondomar

照片: Varperalta · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Mañufe, Gondomar的庄园宅邸, 海拔约 27 米, 距Caminho Português de Nossa Senhora do Norte 434 m.

A Casa de Dona María, tamén coñecida como Casa Inquisicional de Cristillón ou Casa de Cristillón foi unha casa de labranza con certo poderío en Mañufe (Gondomar). Foi sede do Santo Oficio e cárcere da Inquisición. A súa fundación non ten data certa pero especúlase que corresponde á primeira metade do século XVII. Dende o ano 1673 foi morgado e sobre ela quedou escriturado un aforamento, sendo propietario Gerónimo de Seyra y Mariño. Está situada no lugar de Cristillón. Consérvase en bo estado, aínda que con reformas.

Arquitectura

O edificio levántase a base de perpiaño granítico irregular, de dous andares e cuberta a dúas augas. Inicialmente era de planta rectangular con orientación norte-sur. Máis tarde engadíuselle un anexo que funcionaba como patín. Co paso do tempo foise transformando e tras varios anexos quedou con forma de T. A casa contaba con construcións anexas como corte, adega e lagar. Como elemento decorativo un reloxo de sol sobre o testeiro sur. Salienta un hórreo de grandes proporcións e beleza. Ao outro lado do camiño de Cristillón mantense, aínda modificada, a fonte do Romaio

Historia e liñaxes

A súa fundación remóntase á primeira metade do século XVII, segundo Soliño Troncoso. Engade que sobre ela fundouse morgado en 1673 sendo propietario o capitán Jerónimo de Seya Mariño, veciño de San Pedro de Filgueiras (actualmente San Pedro da Ramallosa) Nese mesmo ano ante o escribán, Antonio Vitorio de Losada, a casa aforouse a unha familia da parroquia de Mañufe. O mesmo estudo engade que no ano 1681 o morgado foi adquirido polo matrimonio formado por Pedro de Puga Novoa, de Bembrive (Vigo) e María de Ulloa do barrio do Burgo (Baiona). No primeiro terzo do século XVIII o ben pasou a Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso y Lira casado con Baltasara de Romay. Estes o deixaron para o seu fillo Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso y Lira que casará en 1788 con María Francisca de Castro y Correa, de San Pedro da Ramallosa. En 1828 o morgado é herdado por María Jesús de la Sierpe, filla de Manuel Antonio e María Francisca. A nova herdeira estaba casada con Fernando Fernández, veciño de Mañufe. María Jesús de la Sierpe foi quen deu nome popular á casa. A familia "de la Serpe" tivo outra casa en Mañufe, aos pés da ermida de San Sebastián, aínda parcialmente conservada”.

Casa do Santo Oficio

Nesta casa, que foi cabeza de morgado, viviu un Comisario Inquisidor. O seu vencello ao Santo Oficio está claramente amosado co brasón no lintel da entrada principal “cuxas armas se mostran sobre o brasón pétreo que coroa o lintel do portalón de entrada ao patio aberto ante a casa”. Por outra banda, en parte, a casa funcionou como cárcere da Inquisición na planta baixa do edificio central.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 加利西亚领主宅邸

该点海拔 ≈ 27 m · Terrain Tiles

最近城镇 Gondomar,998 m

圣雅各之路 Caminho Português de Nossa Senhora do Norte,434 m

全市人口 15,109 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近