城堡

Castelo da Palma

Mugardos · A Coruña

Castelo da Palma, 城堡 en Mugardos

照片: Jcfidy · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Mugardos的军事建筑, 海拔约 14 米, 距Mugardos 1.4 km.

O castelo da Palma, ou castelo de Nosa Señora da Palma, é un castelo do século XVI situado no concello de Mugardos que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol.

Historia

A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamente ao ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de acceso á ría de Ferrol dende o mar, polo que se sitúa nunha enseada na entrada da ría de Ferrol fronte ao castelo de San Filipe. Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos, coñecida como un «triángulo de fogo»: San Filipe, San Martín e o da Palma. Este sistema defensivo bloqueaba a entrada da ría por medio dunha cadea submarina tendida desde este castelo ao de San Filipe. Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar. Posuía pouco armamento e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. Contaba cunha batería en ángulo aberto cara ao mar e unha dobre fronte con baluartes cara a terra firme. O edificio actual provén das reformas levadas a cabo no século XVIII e finais do século XIX. A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista do 23-F o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero. En 2002, un grupo hoteleiro iniciou negociacións para adquirir o castelo ao Estado español, sen que o proxecto se tivese levado a cabo ata o momento. En 2021 a Oficina de Turismo de Mugardos organizou visitas guiadas ao edificio.

Galería de imaxes

Outros artigos

Castelos de Galicia

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

年代 近代早期

类型 防御工事

别名 Palma, Castelo da

保护级别 Ben de Interese Cultural

该点海拔 ≈ 14 m · Terrain Tiles

最近城镇 Mugardos,1.4 km

全市人口 5,199 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近