城墙
Castelo de Cans
Cans · O Porriño · Pontevedra
照片: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Cans, O Porriño的防御建筑, 海拔约 313 米, 距Caminho Português de Santiago 2.7 km.
O Castelo de Cans, tamén coñecido como castelo de Miravel ou Mirabel, é un monumento medieval emprazado sobre unha impresionante penedía granítica situada a 358 m de altitude, na zona máis alta da parroquia do mesmo nome.
Historia
A información sobre a historia do castelo é moi escasa. Mediante uns arquivos da catedral de Santa María de Tui sábese que a fortaleza foi ocupada por Paio Gómez e outros compañeiros, aos cales posteriormente foi confiscada polo rei don Henrique III e doado a Álvaro Fernández de Valladares. O castelo era nomeado en devanditos arquivos coma castelo de Miravel. Todo isto transcorreu durante o século XIV, despois desta época descoñécese a súa historia. É posíbel que fora destruído, coma outras fortalezas, pola revolta irmandiña (século XV). Outra das posíbeis causas da súa desaparición podería ter sido a orde dos Reis Católicos, en 1438, de destruír todos os castelos que que non foran cabeza dun meiriño. As súas pedras foron botadas polo cantil e aproveitadas posteriormente para outros fins.
Descrición
É un característico castelo roqueiro medieval, do que tan só subsisten as pegadas talladas na rocha, así como algúns restos cerámicos e outros restos arqueolóxicos de escasa visibilidade. As marcas deixadas na rocha permítennos saber o lugar onde ía emprazada a entrada, a torre principal, as murallas defensivas, o alxibe etc. A modo de anécdota de tradición oral, pódese mencionar que o lugar tamén recibe o alcume popular "O Pianista" ou "O Beethoven", porque visto dende abaixo, dende o val, a forma das rochas pode lembrar a forma dun home sentado ante un gran piano.
Outros artigos
Gándaras de Budiño.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
年代 中世纪
类型 Fortificación
现状 En ruínas
该点海拔 ≈ 313 m · Terrain Tiles
最近城镇 O Porriño,2.7 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,2.7 km
全市人口 20,935 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Cans711 米外Ponteareas E.A.-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Valeixe-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Cans718 米外Ponteareas E.A.-Vigo E.I. · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · A Caniza-Hospital Álvaro Cunqueiro · As Neves-Vigo E.I.
- Cans Rotonda850 米外Ponteareas E.A.-Vigo E.I. · Rúa Progreso 99 (marquesiña)-Vigo E.I. · Ponteareas E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Mondariz-Hospital Álvaro Cunqueiro · Maceiras-Hospital Álvaro Cunqueiro · Valeixe-Hospital Álvaro Cunqueiro
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
