城堡
Castelo de Fornelos
Crecente · Pontevedra
Castelo de Fornelos 还没有照片
如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。
{{Location|42.14720|-8.22972}}
Crecente的军事建筑, 海拔约 151 米, 距A Caniza 8.2 km.
O castelo de Fornelos ou torre de Fornelos é unha fortificación situada na parroquia de Crecente (Crecente), nun outeiro á beira do río Ribadil, moi próximo á fronteira con Portugal, fronte ao castelo de Melgaço.
Historia
Estímase que a torre foi levantada xa na época da Antiga Roma e derrubada no século XI, para volver a ser levantada. As primeiras noticias documentais existentes do castelo son de 1158. Foi palco dos combates entre o rei de Galiza Afonso VII e seu curmán Afonso Henriques de Portugal. Sancho I de Portugal fixo doazón deste lugar a dona Aldonza Vázquez de Fornelos e ao seu marido Fernán Pérez de Castro, fundadores da Casa de Fornelos. Entre os personaxes históricos relacionados co castelo están Martín Sánchez, fillo bastardo de Sancho I de Portugal, Xoán de Castro, bispo de Tui, e Álvar Páez de Soutomaior, que naceu nel. En 1467 sufriu o ataque irmandiño durante a Gran Guerra Irmandiña, pero ao rematar a revolta foi de novo levantada por Pedro Madruga, que tivo prisioneiro no castelo ao bispo de Tui, Diego de Muros. Segundo as crónicas, durante o cativeiro a súa saúde sufriu moito, chegando a perder todos os dentes. Unha vez liberado, o bispo organizou un exército co único propósito de derrotar o castelo no que estivera prisioneiro. Porén, a fortificación, só defendida por 15 homes, conseguiu resistir a investida e o sitio realizado polos exércitos do bispo e de García Sarmiento. Nesta batalla faleceu o cabaleiro Francisco López de Avalle. Na segunda metade do século XX o castelo foi desmantelado case por completo para reutilizar a pedra en diversas construcións veciñas.
Características
Do conxunto militar defensivo só se conserva a torre da homenaxe e restos moi danados do recinto murado defensivo e do foso. A torre da homenaxe é de planta rectangular. Ten 19 metros de altura, estruturada en tres andares. O lado oeste mide 11 metros. Entre a vexetación, que cobre case completamente o edificio, poden verse varias seteiras e algunha xanela con arco de volta perfecta.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Castelo
该点海拔 ≈ 151 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Caniza,8.2 km
全市人口 1,924 (2025) · IGE
乘巴士前往
- CEIP Manuel Sieiro447 米外CEIP Manuel Sieiro-O Regueiro · CEIP Manuel Sieiro-O Regueiro · CEIP Manuel Sieiro-Lobariñas · CEIP Manuel Sieiro-Lobariñas
- A Ponte Ribadil570 米外CPI A Caniza-Filgueira (PO-401) · CPI A Caniza-Filgueira (PO-401) · CEIP Manuel Sieiro-O Regueiro · CEIP Manuel Sieiro-O Regueiro
- Crecente689 米外Ribadavia E.A.-Hospital Álvaro Cunqueiro · Crecente-Vigo E.I. · Crecente-Ribadavia E.A. · O Couto-Vigo E.I.
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

