丘陵要塞

Castro da Braña

Oza Cesuras · A Coruña

O Castro da Braña é un poboado castrexo situado no lugar da Painceira nos lindes da parroquia de Visantoña (Mesía) con Filgueira de Traba (Oza Cesuras). == Morfoloxía == O castro apréciase que ten unha forma ovalada e que abrangue 84 por 62 metros, sendo os dous eixos en dirección LSL-ONO e SSE-NNO. Orixinariamente debeu ser de menor tamaño. Conserva un parapeto nunha zona pequena do norte dunhas dimensións de 2 metros de altura no interior e uns 3 metros no exterior. O foxo, que semella que circundaba a totalidade do castro, non supera o metro de profundidade. Un corte do parapeto permite ver a súa estrutura interna e que se trata dunha mestura de pedras de xisto e terra. Os terrapléns que se conservan son pequenos, entre o metro e os dous metros, e só parecen ser maiores no noroeste, onde poderían acadar os 3 metros de altura. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar. == Conservación == Obras de achanzamento e actividades agrícolas destruíron case todo o recinto, sendo o estado de conservación pésimo. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近