凯尔特城寨

Castro de Cerdeira

Requeixo de Valverde · Allariz · Ourense

Castro de Cerdeira 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|42.18377|-7.75252}}

Requeixo de Valverde (Allariz, Ourense)的凯尔特城寨, 海拔约 701 米, 距Camiño Xabrés 2.3 km.

O castro de Cerdeira, tamén chamado Outeiro do Castro, é un castro situado entre a parroquia de Requeixo de Valverde, no concello ourensán de Allariz, e a da Graña, no concello tamén ourensán de Xunqueira de Ambía.

Morfoloxía

Consta dun recinto fortificado situado a 726 metros sobre o nivel do mar. Ten planta ovalada. O seu cumio é pedregoso e nel pódese distinguir un recinto murado de pedra cunhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur. Pola banda oeste hai unha plataforma de até 50 metros de lonxitude, mentres que pola banda sur hai outra de 20 metros. A continuación hai outro socalco de 8 metros que comunica coa plataforma do lado oeste.

Arqueoloxía

Rivas Quintas fala da existencia de nove grupos de petróglifos na aba do outeiro. Primeiro grupo, coñecido como Pedra do Sol. Está situado a 150 metros da croa, na aba oeste. Contén nove círculos concéntricos cun desenvolvemento total de 60 centímetros. Outros tres motivos están formados por dous círculos concéntricos sen coviña central. Segundo grupo. Está a 16 metros do anterior. Está formado por cinco círculos concéntricos de 45 centímetros de diámetro, e outro máis de 4 círculos de 33 centímetros con punto central. Ambos dispóñense sobre unha laxe de 2,45 x 1,05 metros. Tamén hai outros dous grupos de 3 círculos cada un, tres de 2 círculos (un só con punto central) e parte da curva dun único círculo de 9 centímetros. Terceiro grupo. Está a 30 metros ó norte da Pedra do Sol e a 12 do segundo grupo. Ten 6 círculos concéntricos e un diámetro total de 55 centímetros. Cuarto grupo. Está a 30 metros ó leste da Pedra do Sol. Ten 4 círculos concéntricos e 21 centímetros de diámetro. Quinto grupo. É unha composición de dous motivos cun punto central formados por 2 círculos concéntricos, acompañado doutro motivo con 6 círculos concéntricos e outros 2 que seguen o mesmo esquema. Sexto grupo. Ten 3 círculos concéntricos cun punto central. O seu diámetro é de 45 centímetros Sétimo grupo. Figura como desaparecido. Oitavo grupo. É dubidoso que se trate dun petróglifo. Noveno grupo, coñecido como Cobra con Asas. Está na aba norte do monte. Ten 1,46 metros de lonxitude. Á dereita da cobra hai 8 puntos, 5 deles xuntos e outros 3 separados.

Outros artigos

Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

该点海拔 ≈ 701 m · Terrain Tiles

最近城镇 Allariz,4.1 km

圣雅各之路 Camiño Xabrés,2.3 km

全市人口 6,505 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近