丘陵要塞

Castro de Cerneda

Abegondo · A Coruña

Castro de Cerneda

O castro de Cerneda é un castro situado no lugar da Igrexa na parroquia de Cerneda, no concello coruñés de Abegondo. == Morfoloxía == O castro está formado por unha croa e, posiblemente, un pequeno ante castro, en dirección noroeste. Está rodeado por dous xogos de murallas e foxos intercalados. De forma ovalada, ten unhas medidas aproximadas de 170 por 95 metros.. Os elementos externos están rebaixados polo traballo agrícola na zona e un dos foxos exteriores foi ocupado por unha pista asfaltada. Ademais, parte do castro emprázase na igrexa parroquial. A zona é unha platación de eucaliptos. == Arqueoloxía == O terreo do castro foi adquirido polo concello e inspeccionado arqueoloxicamente en 2020. Unha prospección inicial do castro indicou que é de estrutura ampla e conservada. Os muros que se atoparon son anchos e as estruturas son de madeira con tella enriba, ben conservada. Así mesmo, atopáronse restos de utensilios en bo estado. Os utensilios son de cerámica, como é unha ánfora para o viño, sacos para gardalos, vasos de vidro e variñas de bronce. Os utensilios de cerámica que se atoparon concordan coa tipoloxía dos achados de costume nas rexións do norte de África e do Guadalquivir. Estímase que estivo poboado entre os séculos IV-III a.d. ata o III-IV d.c, xa no período do imperio romano. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近