丘陵要塞

Castro de Codesido

Vilalba · Lugo

O castro de Codesido é un castro situado no lugar de Ferreira, na parroquia de Codesido, no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM). == Descrición == Dentro da croa atópanse a igrexa e mailo cemiterio parroquiais. O castro ten planta circular moi alterada, mais conserva parte do muro. Atópase a unha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e mide 110 metros no eixo norte-sur e 127 no eixo leste-oeste. O castro posúe un manancial no interior da croa. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable. == Lenda == Existe unha historia de mouros no castro e que había un túnel polo que baixaban os mouros beber ao rego da Pipa, que se atopa a 700 metros do castro. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995). Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63. RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4. === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia de Lugo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近