凯尔特城寨
Castro de Montealegre
Domaio · Moaña · Pontevedra
照片: Txo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
来自 Commons 的照片,按名称匹配
Domaio, Moaña的设防聚落, 海拔约 89 米, 距Caminho Português de Santiago 1.9 km.
O Castro de Montealegre é un poboado castrexo da península do Morrazo, situado nun outeiro á beira do mar na parroquia de Domaio (Moaña), moi preto do estreito de Rande. É un castro de especial importancia, non só porque foi un dos primeiros escavados e publicados cientificamente en Galiza, senón tamén pola súa tipoloxía, pola súa situación xeográfica, polos seus petróglifos e, moi especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles atopados.
Descrición
O poboado fortificado atopábase nun estado de conservación relativamente bo, pese ó abandono, ata o grave impacto da construción do corredor do Morrazo (CG-4.1), que atravesa o monte nun túnel pola súa base. Pese a todo, as estruturas defensivas (murallas, foxos, aterrazamentos) seguen a ser facilmente identificables en superficie, especialmente na zona norte. Ademais da construción da nova estrada, o sitio sufriu outras agresións en forma de desmontes de terreo, especialmente na zona sur.[Cómpre referencia]
Intervencións arqueolóxicas
O sitio arqueolóxico era coñecido dende principios do século XX, sendo escavado por Antón Losada Diéguez entre outros e ofrecendo materiais moi interesantes. Porén, o lugar foi, en xeral, esquecido durante moitos anos, ata que o monte no que se sitúa foi atravesado polo túnel. Esta obra obrigou á escavación arqueolóxica dunha parte do castro, tanto na ladeira leste como na ladeira oeste, no contexto da arqueoloxía de rescate ou arqueoloxía de urxencia, entre 2003 e 2004. Nesta intervención apareceron restos mobles en magnífico estado de conservación, especialmente nun grande cuncheiro localizado no contorno dunha casa na ladeira leste. Estes obxectos (cerámicas, fibelas etc) foron de excepcional importancia para o coñecemento do comercio a longa distancia entre a sociedade castrexa das Rías Baixas e os pobos mediterráneos da época. Unha parte das estruturas murarias desenterradas non foron destruídas e permaneceron no seu lugar sen que fosen sometidas a ningún tratamento de conservación e restauración. O resultado é que no lugar aínda poden verse os restos destas casas ou estruturas en estado de ruína e deterioración progresiva.[Cómpre referencia] En 2016, o desdobramento do corredor do Morrazo puxo en perigo o xacemento .
Outros elementos de importancia
No lugar aparecen varios gravados rupestres que foron declarados BIC no ano 1974 co nome Petróglifo Castro de Montealegre. Outra construción relevante, tanto dende o punto de vista arqueolóxico como etnográfico, é o manancial de auga escavado en forma de mina coñecido como A Cova da Londra, situado na zona norte do castro.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
年代 铁器时代
类型 聚落
该点海拔 ≈ 89 m · Terrain Tiles
最近城镇 Vigo,7.6 km
圣雅各之路 Caminho Português de Santiago,1.9 km
全市人口 19,316 (2025) · IGE
如何前往
开放时间 24/7
地址 Moaña
乘巴士前往
- Domaio (gasolineira)180 米外Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A.-Vigo E.I.-Meixoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca · Pontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa)
- Domaio (gasolineira)214 米外Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas · Cangas de Morrazo E.A.-Bouzas-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A.-Vigo E.I.-Meixoeiro-Hospital Álvaro Cunqueiro · Cangas de Morrazo E.A. Bouzas / Psa Vigo Zona Franca · Pontevedra E.A.-Cangas de Morrazo E.A. (por Vilaboa) · Bueu-Cangas de Morrazo-Moaña-Mexoeiro-CUVI-Hospital Álvaro Cunqueiro
- Domaio (cemiterio municipal)319 米外Verdeal-IES As Barxas · Verdeal-IES As Barxas
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。