丘陵要塞
Castro de Pena Lopesa
Narón · A Coruña

O Castro de Pena Lopesa é un castro costeiro fortificado. Está situado na parroquia do Val (Narón). É un castro situado sobre un pequeno istmo na praia do mesmo nome no límite entre os concellos de Narón e Valdoviño. == Escavacións arqueolóxicas == O asentamento non foi escavado aínda que se fixeron pequenas prospeccións que confirman a súa ocupación entre os séculos I antes da era actual e o século I despois da era actual. Atopáronse anacos de cerámica, característica da zona, e cravos da construción. O castro debeu ser un poboado costeiro fortificado unido á costa. == Situación actual == O lugar está abandonado completamente. Consérvase tal como foi abandonado, sen intervención posterior algunha. O mar está a esnaquizar o penedo no que se asenta. === Accesos === Dende a Pena Molexa hai unha pista peonil ben sinalizada con camiños costeiros que levan ata a praia de Pena Lopesa. Un pequeno regato chega ao mar onde está o istmo do castro. O lugar é de moi difícil aceso. Só en marea baixa se pode chegar ao pé da pena despois de baixar polos penedos o aceso a ela é case imposible, con rochas verticais. == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Arco Ártabro === Ligazóns externas === Castro de Pena Lopesa Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗