凯尔特城寨

Castro de Taramancos

Boa · Noia · A Coruña

Castro de Taramancos 还没有照片

如果你有一张,上传到 Wikimedia Commons ↗并附上坐标,它就会自动出现在这张地图上,以及任何使用开放数据的地图上。 或者发送给我们。

{{Location|42.78885|-8.91164}}

Boa, Noia的设防聚落, 海拔约 7 米, 距Noia 2 km.

O castro de Taramancos, tamén coñecido como Poboado de Espiñeira ou Taramancos Vello, foi un castro localizado no lugar de Taramancos, na parroquia de Boa, no concello de Noia, preto da praia de Taramancos e da enseada do Testal. Foi descuberto en 2011 durante as obras da variante de Noia (AG-56), que incluían a construción da ponte sobre a ría de Muros e Noia. Unha vez finalizada a intervención arqueolóxica, a maior parte do castro foi destruída en marzo de 2012 durante a construción da variante de Noia. O sitio destacou pola súa longa secuencia de ocupación, que abranguía dende a Idade de Bronce ata o século IV, conservando restos da cultura castrexa e da época romana.

Descubrimento

O castro foi localizado durante os traballos previos á construción da ponte da variante de Noia. As escavacións arqueolóxicas puxeron ao descuberto varias estruturas habitacionais, muros, fogares e un importante cuncheiro formado por acumulacións de cunchas de ostra, mexillón, lapa e berberecho, indicativo da intensa explotación dos recursos mariños polos seus habitantes. Os estudos realizados permitiron identificar varias fases de ocupación, dende o Calcolítico e a Idade de Bronce ata o período galaico-romano, converténdose nun dos sitios máis relevantes descubertos na comarca de Noia nas primeiras décadas do século XXI.

Destrución

A aparición do castro deu lugar a un debate sobre a compatibilidade entre a conservación do patrimonio arqueolóxico e a construción da infraestrutura viaria. A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural autorizou unha intervención arqueolóxica de urxencia, tras a cal se decidiu documentar, desmontar parcialmente algunhas estruturas e continuar coa execución das obras. Diversas asociacións culturais, investigadores e o propio Concello de Noia solicitaron a modificación do trazado da ponte para preservar o castro in situ, petición que finalmente non prosperou. Unha vez finalizada a intervención arqueolóxica, a maior parte do sitio quedou destruída pola construción da estrada e da ponte, conservándose unicamente a documentación científica e os materiais recuperados durante a escavación.

Outros artigos

Castros da provincia da Coruña

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 凯尔特城寨

停用 2012

该点海拔 ≈ 7 m · Terrain Tiles

最近城镇 Noia,2 km

全市人口 14,108 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

附近